Financiado por:
/ Igualdade

Sanción a unha empresa por acoso laboral a unha traballadora

26-02-2018 - ITSS

A Inspección de Traballo e Seguridade Social sancionou a unha empresa cunha multa de 6.000 euros logo de constatar un "acoso discriminatorio por razón de sexo, consistente en crearlle un entorno degradante ou ofensivo, co propósito de atentar contra a súa dignidade, en función do seu sexo feminino, logo da reincorporación da súa baixa por maternidade"

A situación que padeceu a traballadora iniciouse ao comezo do embarazo, considerado de alto risco; durante a baixa motivada pola situación de alto risco do embarazo, foi rebaixada a súa categoría profesional e o seu salario; unha vez incorporada da baixa por maternidade, lle foron retiradas as atribucións e ocupacións, sufrindo o acoso continuo do seu supervisor. 

A ITSS indica que a pesares do requirimento realizado, a empresa non activou o protocolo antiacoso logo da denuncia presentada pola traballadora. Aínda que o INSS considerou o caso "como accidente de traballo por acoso laboral", a mutua da empresa presentou unha demanda contra esta resolución considerando que "a violencia psicolóxica e violencia de xénero exercida contra a traballadora no seu posto laboral, tal e como constataron as autoridades laborais e sanitarias públicas, non debe ser considerado como accidente de traballo"

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS