Financiado por:
/ Igualdade

Recoñecemento do dereito a elexir horario na reducción de xornada para cuidado dunha menor

22-01-2018 - Sentenza

O Xulgado do Social nº 1 de Logroño ven de ditar unha sentenza recoñecendo o dereito a elixir a concreción horaria na redución de xornada para coidado dunha menor; a traballadora solicitara reducir a súa xornada de 40 horas semanais (de luns a sábado, unha semana en turno de mañá e outra en turno de tarde) a 34 horas semanais en horario fixo de 8 a 14 horas de luns a venres, sábados de 10 a 14 horas, e en igual horario os domingos e festivos que lle correspondesen. A empresa negáse á concreción horaria, alegando que debía a reducción debía ser concretada na quenda horaria que lle correspondese por rotación.

Esta sentenza estabelece como prevalente o dereito de atención á menor sobre os criterios organizativos da empresa, baseando o fallo en normativa e doutrina jurisprudencial, como a Sentenza do Tribunal Supremo do 11 de decembro de 2.001, que sinalou que “nos supostos de xornada reducida por garda legal, téndese a protexer non só o dereito dos traballadores para conciliar a súa vida laboral e familiar para mellor cumprir cos deberes inherentes á patria potestade que enumera o artigo 154.1 do Código Civil, senón tamén o propio interese do menor para recibir a mellor atención posible. Por iso é polo que matice que na aplicación das reducións de xornada que establece o artigo 37.5 Estatuto dos Traballadores, ha de partirse da base de que tal precepto forma parte do desenvolvemento do mandato constitucional (artigo 39 da Constitución) que estabelece a protección á familia e á infancia. Finalidade que ha de prevalecer e servir de orientación para a solución de calquera dúbida interpretativa”.
Así, argumenta que “debe destacarse, en primeiro lugar, que resulta incuestionable que a distribución orixinaria da xornada de traballo da actora con prestación de servizos de luns a sábado en quendas alternas de mañá e tarde, en relación co horario do centro escolar ao que acode a súa filla menor, de 3 anos de idade, así como co horario de traballo do pai da menor en quendas alternas de mañá, tarde e noite, pode orixinar dificultades e inconvintes para a conciliación da súa vida familiar e atender as necesidades inherentes ao coidado da súa filla menor”.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS