Financiado por:
/ Igualdade

Mulleres e tecnoloxía: diferencias de actitude

09-01-2013 - Igualdade

A ciencia e a tecnoloxía avanzan a un ritmo rápido, e ofrecen novas oportunidades no lugar de traballo. As mulleres, sin embargo, corren o risco de quedar rezagadas. É unha cuestión de actitudes, non de aptitudes. “As mulleres tenden a estar demasiado representadas nas humanidades e nas ciencias sociais, e pouco nas ciencias e na tecnoloxía”, declarou Claude Akpokavie, da Oficina de Actividades para os Traballadores (ACTRAV) da OIT.

Para a Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da OIT, Jane Hodges, a disparidade entre homes e mulleres neste ámbito está relacionada coa asignación dos roles e as actitudes de xénero arraigadas en diversas sociedades, as cales incitan ás mozas a seguir materias máis “suaves”. Esto pode ser constatado tanto no mundo en desenvolvemento como no desenvolvido.

“É moito menos probable que as mozas estudien inxeñería ou informática ou ciencias físicas”, explicou Hodges.

“Os estereotipos femininos representan ás mozas como menos interesadas ou capaces en certas materias, como matemáticas ou ciencias. Esto, inevitablemente reduce o seu acceso a empregos con mellores salarios ou mercados laborais que poidan ofrecer mellores oportunidades”.

Sin embargo, segundo Hodges, cando se estimula a participación nos estudios científicos baixo condicións de igualdade, as mozas sobresaen.

A discriminación en cifras 

As mulleres obteñen máis da metade dos títulos universitarios nos países OCDE, pero reciben só o 30 por cento dos diplomas en ciencias e tecnoloxía.

“A porcentaxe de licenciadas que se adican á investigación científica é aínda menor, representan menos do 30 por cento de tódolos investigadores de ciencias e tecnoloxía na maior parte dos países OCDE, e só 12 por cento en Xapón e a República de Corea”; agregou Hodges.


“Aínda cando as mulleres ocupan máis do 60 por cento dos empregos no sector das tecnoloxías da comunicación nos países OCDE, só entre 10 e 20 por cento delas son programadoras informáticas, enxeñeiras, analistas ou deseñadoras de sistemas. A educación e a formación profesional – así como un cambio nas actitudes – son indispensables para garantir que as mulleres non queden atrás”.

Fonte: OIT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS