Financiado por:
/ Igualdade

Comités de seguimento para supervisar o acceso das mulleres a postos de dirección

19-06-2013 - Igualdade

O Goberno creará comités de seguimento coas empresas -constituídos por representantes da Administración e as compañías- para supervisar o aumento de mulleres nos órganos de dirección, segundo anunciou a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, durante un encontro con representantes de empresas do Ibex 35 na sede do seu departamento.

O seguimento dos citados comités levarase a cabo sobre a base dos informes bienais que efectúe a propia empresa. Estes novos organismos adoptarán "as medidas correctoras ou preventivas oportunas" para garantir o incremento da presenza de mulleres nos postos de dirección e nos consellos de administración, segundo precisou Sanidade.

A presenza das mulleres nos órganos de decisión das empresas e nos seus postos de dirección estancouse dende 2009, cando o incremento se cifrou nun 0,7%, segundo datos ofrecidos polo departamento de Mato. Ademais, a taxa de mulleres nos órganos de maior responsabilidade da empresa mantense no 12%, catro puntos por debaixo da media europea se se ten como referencia o indicador bolsista de cada un dos países do ámbito, polo que, de seguir con esta tendencia, España tardaría 40 anos en lograr unha representación equilibrada nos consellos.

Así, xunto á creación dos citados comités de seguimento, o Goberno formará, á súa vez, un Consello de Liderado e Diversidade (CLD), composto por expertos "de prestixio e traxectoria consolidada", que formulará recomendacións de sensibilización, asesorará ao Executivo e validará un catálogo de boas prácticas.

 

Mais información en Eleconomista

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS