Financiado por:
/ Igualdade

Ata 1.177 traballadores recibiron a prestación por fillos con cancro ou outras enfermidades graves

25-02-2013 - MATERNIDADE E PATERNIDADE

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social recoñeceu en 2012 as prestacións por fillos con cancro ou outras enfermidades graves a un total de 1.177 pais e nais traballadores para poder coidar dos seus fillos enfermos, fronte aos 687 de 2011, segundo os últimos datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidade Profesional. Este venres celébrase o Día Internacional do Neno con Cancro.

Destas 1.177 prestacións, o 97 por cento (1.138) do gasto foi xestionado polas Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidade Profesional da Seguridade Social e o 3 por cento (39) polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

En canto á duración media da prestación, situouse nos 178 días, aproximadamente seis meses. Por comunidades autónomas, as que tiveron un maior gasto foron Madrid, con 237; Cataluña, con 224; Andalucía, con 151; e Comunidade Valenciana, con 93 beneficiarios, segundo Emprego.

Ademais, ao cumprirse os dous anos de vixencia desta prestación, que ten por obxecto compensar a perda de ingresos, que os pais sofren como consecuencia de obter un menor salario ao ter que reducir a súa xornada laboral a Seguridade Social destinou ao pagamento destas un total de 15 millóns de euros o ano pasado.

 

Fonte: europapress

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS