Co financiamento de:
/ Gabinete
Asesoramento técnicoBoletín CIG Saúde LaboralPublicacións GabineteOferta formativa

Boletín CIG-Saúde Laboral N 49

14-02-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Denomínase seguridade industrial ao conxunto de normas obrigatorias estabelecidas para evitar ou minimizar, tanto os riscos que poidan producirse nos ámbitos industriais, como os prexuízos derivados da actividade industrial e mesmo as enfermidades ocupacionais. Este sistema de disposicións obrigatorias, materia competencial da Xunta de Galicia que os Gobernos do PP teñen esquecido sistematicamente, ten por obxecto a prevención e limitación dos riscos, así como a protección contra accidentes capaces de producir danos ás persoas, aos bens ou ao medio ambiente derivados da actividade industrial ou da utilización, funcionamento e mantemento das instalacións ou equipos e da produción, uso ou consumo, almacenamento ou desinstalación e eliminación dos produtos industriais. Nos lugares de traballo, é a persoa titular da actividade empresarial, en cumprimento do seu deber de protexer a seguridade e saúde do seu persoal, quen deberá garantir un adecuado control dos riscos asociados ás instalacións industriais. Poñemos nas vosas mans este monográfico, coa intención de proporcionarvos información básica e suficiente para dimensionar a importancia da seguridade industrial e tomar conciencia da necesidade de incorporar a mesma dun xeito integral nos Plans de prevención das nosas empresas.

Bon 2024!!!

22-12-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

DENDE O GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL QUEREMOS DESEXARVOS FELICES FESTAS E FACERVOS CHEGAR OS MELLORES DESEXOS PARA O 2024.

Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 48

20-12-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Os riscos químicos na contorna laboral son aqueles que se derivan da exposición a substancias químicas perigosas no lugar de traballo. O Regulamento (CE) Nº 1272/2008, sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas (Regulamento CLP), ten como obxecto garantir unha comunicación clara e harmonizada sobre os perigos que presentan as substancias e as mesturas químicas a través da clasificación e etiquetaxe dos produtos químicos. Este Regulamento estabelece a clasificación das substancias e mesturas químicas en categorías/niveis de perigo: categorías 1,2,3,4, e tipos de perigo: perigos físicos, perigos para a saúde e perigos para o medio ambiente. En relación á etiquetaxe, o Anexo III do Regulamento CLP relaciona as frases H (ou de perigo), que describen a natureza dos perigos dunha substancia ou mestura incluíndo, se procede, o grao de perigo; o Anexo IV lista as frases P (ou consellos de prudencia), que describen as medidas recomendadas para minimizar ou evitar os efectos adversos causados pola exposición a unha substancia o mestura perigosa durante o seu emprego ou eliminación. Neste artigo revisaremos o concepto de risco químico, os tipos de axentes químicos máis habituais nos lugares de traballo, os efectos sobre a saúde dos axentes químicos, como identificar as substancias perigosas (etiquetas e fichas de seguridade), control dos riscos e fontes de información.

Boletín CIG-Saúde Laboral N 47

13-12-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

O Boletín CIG-Saúde Laboral N 47 Monográfico Sector Sanitario e Social céntrase nos riscos psicosociais que afectan a este sector, moi feminizado, e na situación na que se atopa a sanidade pública galega. No ano 2020, o 58,5% das persoas traballadoras do sector sanitario e social declararon estar expostas a factores de rico que poden afectar negativamente ao seu benestar mental, ocupando o primeiro lugar entre todos os sectores. A alta carga de traballo, a presión de tempo, as esixencias emocionais, as demandas cognitivas, as situacións de violencia, acoso ou intimidación, as xornadas de traballo longas e irregulares e a falta de recursos organizativos configúranse como os principais factores de risco psicosocial das traballadoras e traballadores sanitarios e sociais.

Boletin CIG Saúde Laboral Nº 46

28-11-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Boletín monográfico adicado á sinalización de seguridade e saúde nos lugares de traballo. A sinalización nos lugares de traballo ten como funcións principais chamar a atención das persoas traballadoras sobre a existencia de determinados riscos, prohibicións ou obrigas; alertar das situacións de emerxencia; facilitar a localización e identificación de determinados medios ou instalacións de protección, evacuación, emerxencia ou primeiros auxilios; orientar ás persoas que realizan manobras perigosas. A sinalización de seguridade e saúde no traballo é unha medida complementaria en prevención de riscos laborais que sigue criterios uniformes e independentes do centro de traballo ou actividade para garantir a correcta interpretación por parte das persoas traballadoras. Con base no Real Decreto 485/1997, de 14 de abril, realizaremos nestas páxinas un percorrido pola sinalización presente nas áreas de traballo, locais, vías, zonas de tránsito, que indica perigos derivados da propia actividade ou da instalación e a sinalización relacionada cos medios de protección, emerxencia, socorro e salvamento nos lugares de traballo.

Boletin CIG Saúde Laboral Nº 45

26-10-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Boletín monográfico adicado á problemática en materia de prevención de riscos laborais que afecta ao sector da construción. A pesar dos anos de esforzos realizados na implementación de medidas de seguridade, este sector segue a ser un dos máis perigosos para as persoas que desenvolven nel a súa actividade profesional. A natureza mesma da construción, que implica a realización de actividades e tarefas perigosas, a alta rotación de persoal, a aínda insuficiente información, formación e toma de conciencia da importancia das medidas preventivas que se deben adoptar, a presión dos prazos e orzamentos estabelecidos ou a falta de medidas de control e vixilancia por parte das autoridades competentes son factores que agudizan a problemática. Como medidas básicas para reducir o problema podemos citar a mellora da formación e concienciación sobre seguridade laboral no sector de todos os actores implicados, o fomento da cultura de seguridade no lugar de traballo, a participación activa das persoas traballadoras na identificación e prevención dos riscos e o afortalamento dos mecanismos de control e vixilancia das autoridades competentes para garantir que as empresas cumpran coas normas de seguridade laboral.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 44

17-07-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

En formato monográfico abórdanse neste número do Boletín os ámbitos, elementos e aspectos claves a considerar no proceso de introdución e implantación da AI (Intelixencia Artificial) nos sistemas de produción e organización do traballo, así como os riscos sociais e laborais asociados a este proceso. Algoritmos, robotización, plataformas colaborativas, datificación, sistemas AIWM ... comparten espazo cos importantes riscos laborais asociados a estas novas formas de traballo, as oportunidades que ofrece a IA para a mellora da saúde e seguridade das persoas traballadoras e e as importantes consecuencias que terá a nivel social a implantación masiva da IA no ámbito laboral: destrución masiva de empregos sen que se teñan deseñado políticas que aborden solucións tanxibles e efectivas a este novo contexto sociolaboral, concentración do capital, precarización laboral, desequilibrio socioeconómico, etc.

En desenvolvemento unha nova Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo, 2023-2027

28-04-2023 - 28 de Abril do 2023: Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo

En termos xerais, a mediocre e insatisfactoria experiencia acumulada das pasadas Estratexias Galegas de Seguridade e Saúde no Traballo, deberían comprometer a todas as partes implicadas nun significativo troco conceptual que mellore substancialmente a propia estrutura desta nova Estratexia Galega de SST, para facer dela unha ferramenta útil para gañar en eficacia e eficiencia na verdadeira consecución dos obxectivos estabelecidos

BON 2023!!!

30-12-2022 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

DENDE O GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL QUEREMOS FACERVOS CHEGAR OS MELLORES DESEXOS PARA O 2023

A inflación, os salarios e a avaricia empresarial no marco económico neoliberal: un brutal risco psicosocial para a clase traballadora

16-12-2022 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Unha vez máis -e xa van moitas-, atopámonos nun contexto económico e sociolaboral ex-tremadamente inxusto e profundamente perverso. A elevada alza dos custos enerxéticos e a estrangulación loxística internacional que se están a producir repercuten directamente na subida dos alimentos e en moitos bens insumos consumidos no Estado español.

Traballo e saúde mental

16-12-2022 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Aínda que neste pequeno artigo abordamos a incidencia da saúde mental derivada do traballo, non debemos nin podemos esquecer que máis aló da información e a necesaria abordaxe médica terapéutica destas patoloxías, en gran medida as problemáticas da saúde mental derivadas do traballo teñen na meirande parte dos casos a súa orixe nas malas condicións de traballo. Malas condicións de traballo que sofren unha boa parte das persoas traballadoras como consecuencia das políticas económico-sociais de raigame neoliberal, destrutoras de dereitos fundamentais e xeradoras de miseria e grandes doses de inxustiza e iniquidade social. Inxustiza e iniquidade social só combatibles a través da loita sindical e a reivindicación político social que todas as persoas traballadoras e de ben deberiamos asumir e practicar en aras á consecución dunhas mellores condicións de vida.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 43

07-12-2022 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Os problemas de saúde mental derivados ou agravados polo traballo, ou incluso pola falta deste, constitúen hoxe por hoxe na nosa sociedade un problema humano, social, económico e laboral de primeira orde; provocando e/ou favorecendo a aparición ou o agravamento de diversas enfermidades mentais cun elevadísimo custo para o conxunto da sociedade: enfermidade e sufrimento humano, xubilacións anticipadas, baixas laborais frecuentes e de longa duración, mal clima laboral no traballo, desmotivación e insatisfacción laboral, baixa produtividade, ... En definitiva uns importantísimos custos a nivel humano e social que tamén afectan directamente á competitividade das empresas, o que no seu conxunto fai imprescindible incluír a saúde mental entre as prioridades de atención en materia de saúde pública, en coordinación co necesario impulso de estratexias efectivas de promoción da saúde mental nos lugares de traballo

A Galiza líder no Estado en sinistralidade laboral grave e mortal, baixo o Goberno do PP de Feijoo

28-04-2022 - Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo

O día 28 de abril a clase traballadora celebramos o día mundial da seguridade e a saúde no traballo, como unha data significada de reivindicación e loita pola mellora das condicións de traballo e o dereito a poder facelo nun marco de auténtica e verdadeira seguridade laboral. Neste contexto de celebración, dende a CIG temos que reivindicar que para o conxunto da clase traballadora galega todos os días do ano -e non só hoxe-, son días de acción e de loita polo dereito a desenvolver a nosa actividade laboral nun lugar de traballo en condicións saudables e de seguridade

Xustiza, igualdade e equidade: o avariado ascensor social

28-04-2022 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 42

A“grosso modo” e en poucas palabras, o chamado “ascensor social” poderiámolo definir como a capacidade que ten unha persoa para desenvolver e construír a súa vida persoal e profesional en función e grazas ao seu esforzo e ás súas propias capacidades, máis aló dos recursos económicos ou de influencia que poida ter a familia onde naceu e a súa contorna. Así logo é este un concepto fondamente enraizado nas democracias sociais e de dereito que participan dos principios fundamentais de xustiza, igualdade e equidade social e a través dos cales, o esforzo, o mérito e as propias capacidades son o medio fundamental para que a maioría dos cidadáns poidan progresar e mellorar a súa calidade de vida.

O alongamento da vida laboral: Non a imposición; Si a voluntariedade

28-04-2022 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 42

Nun considerable exercicio de hipocrisía os poderes públicos da UE en todos os ámbitos das distintas administracións, conxuntamente coas organizacións empresariais e o sindicalismo pactista sometido aos intereses do capitalismo neoliberal representados no caso do Estado español por sindicatos como UGT, CCOO, USO, CSIF, etc.; están a mercar e integrar o novo discurso do conservadorismo económico, político e social que nos últimos anos vén sendo politicamente maioritario na Comisión Europea (CE), e que neste caso está a promover, xustificar e operativizar as medidas lexislativas de prolongación da vida laboral e retraso na idade de xubilación, como forma e modelo adoitado para propiciar a autosostenibilidade do sistema público de pensións, obviando outro tipo de medidas distintas de carácter complementario para propiciar dita sostenibilidade.

A problemática da saúde mental: unha pandemia que xa está entre nós

27-04-2022 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 42

Xa vai algúns anos que a Organización Mundial da Saúde (OMS) está a darnos razóns para pensar que a vindeira pandemia —nos países occidentais— será moi posiblemente unha pandemia de problemas de saúde mental; hipótese esta que a situación xerada pola COVID-19 non fixo máis que reforzar.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 42

12-04-2022 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

A Organización Mundial da Saúde (OMS) lava algún tempo alertando sobre a importancia dos problemas de saúde mental nos países occidentais, chegando a falar dunha pandemia de problemas de saúde mental. No Estado español, que viña arrastrando unha crise económica dende o ano 2008, a situación xerada pola COVID-19 non só agravou os trastornos previamente diagnosticados, senón que ademais se dispararon os casos de ansiedade e depresión, sendo un dos países da Unión Europea que máis ansiolíticos, sedantes e hipnóticos consome; os recursos dos servizos públicos de saúde mental do Estado español, a especialidade sanitaria que podería mitigar o problema, están moi lonxe das necesidades e á cola de Europa tanto en orzamento como en número de profesionais adicados.

BON 2022!!!

30-12-2021 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

DENDE O GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL QUEREMOS FACERVOS CHEGAR OS MELLORES DESEXOS PARA O 2022.

Impacto da intelixencia artificial na seguridade e a saúde ocupacional. Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA)

16-12-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 41

Sen dúbida algunha a intelixencia artificial ofrece un enorme potencial para desenvolve-mentos innovadores nos lugares de traballo a través da crecente dispoñibilidade de datos, grandes volúmenes de datos ou big data, e a capacidade de procesar estos datos a través de algoritmos, o que nos conducirá en moi pouco tempo a cambios profundos e xeneraliza-dos en relación á forma na que se realiza o traballo.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 41

15-12-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

Nun ano, o 2021, marcado aínda pola COVID-19, o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG continuou a traballar nas liñas de actuación habituais: formación en prl, asesoramento técnico a través das técnicas e técnicos de prl que dan cobertura a todo o territorio e sensibilización en materia de prevención de riscos e saúde laboral. Algúns datos do balance anual: número de solicitantes de actividades de formación programadas durante o ano: 4.417 persoas; porcentaxe de asesoramentos que requiriron de elaboración de documentación por parte dos nosos técnicos e técnicas: máis do 53%; número de visitas á web www.cigsaudelaboral.org, que inclúe o espazo web coronavirus, creado nos primeiros días do mes de febreiro do ano 2020 e que sigue actualizándose diariamente con documentos técnicos, protocolos de actuación, lexislación: máis de 50.000 visitas; e os cinco números de Boletín CIG Saúde Laboral editados este ano, chegando con este que poñemos á túa disposición, ao número 41 da serie.

Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 40

01-10-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

O pasado día 28 de xuño deste ano 2021 a Comisión Europea fixo público mediante unha nota de prensa, o seu novo marco estratéxico para garantir a saúde e a seguridade das persoas traballadoras nun mundo laboral cada vez máis complexo e en constante cambio. O novo marco estratéxico ten a vontade de ser válido e estar vixente no período que abrangue dende o ano 2021 ata o ano 2027, ámbolos dous incluídos. Como os tres obxectivos principais enuncia: “anticipar e xestionar o cambio para garantir lugares de traballo seguros e saudables durante as transicións dixitais, ecolóxicas e demográficas”, “fortalecer a prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais”, e “mellorar a preparación para posibles crises de saúde futuras, extraendo leccións da pandemia actual e en estreita colaboración cos axentes de saúde pública”.

Desigualdade, traballo e xustiza social

26-07-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 39

Resulta evidente que a crise mundial da pandemia do COVID-19 a maiores do inmenso problema de saúde pública e a gran mortaldade que está a conlevar, ten provocado un importantísimo deterioro dos sistemas produtivos e por ende da nosa estrutura económica e da equidade social, con numerosas e gravísimas consecuencias en termos de emprego, desigualdade, pobreza e exclusión social.

Sindicalismo e prevención

22-07-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 39

Vai xa moito tempo que se sabe con certeza que a participación dos traballadores/as na mellora das súas condicións de traballo, constitúe un elemento fundamental e insubstituíble na mellora real da seguridade, a prevención de accidentes e a saúde laboral no camiño da consecución dunhas mellores condicións de vida. Como entón renunciar a participar plenamente nesta área estratéxica e fundamental da actividade e a acción sindical?

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 39

15-07-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

Diversos estudos e traballos científicos teñen evidenciado que a actividade dos sindicatos de clase en materia preventiva realizada polos seus delegados/as, afiliados e as súas estruturas técnicas de apoio e asesoramento en materia de prevención, inflúen e repercuten moi positivamente na mellora da seguridade e das condicións de traballo nas empresas, propiciando o que se deu en chamar “o efecto sindicato”, que demostra que cando nas empresas existen delegados/as, afiliados/as apoiados por estruturas técnicas de prevención das organizacións sindicais, multiplícanse as intervencións e propostas de mellora das políticas e actuacións de prevención de riscos laborais nas empresas, con resultados significativamente máis positivos que cando estas estruturas non existen nin participan.

A xornada laboral de catro días: análises e reflexións

14-05-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 38

A estas alturas xa non cabe dúbida algunha sobre que o traballo e as condicións nas que este se produce, constitúen a variable fundamental que explica o nivel de calidade de vida da que disfrutan as persoas traballadoras. A maior calidade do traballo, maior benestar e lonxevidade vital. Así é, a calidade do traballo implica entre outros moitos factores, un axeitado nivel de autonomía no desenvolvemento do mesmo, un maior control das condicións físicas, sociais e ambientais do posto de traballo ou uns niveis de satisfacción e motivación suficientes para atoparse razonablemente conforme co propio desempeño laboral.

28 de abril: A pandemia do COVID-19 e o teletraballo. Como o capitalismo avanza no deterioro da nosa saúde.

28-04-2021 - Secretaría Confederal de Saúde Laboral. Francisco X. Cartelle Pérez

Atopámonos neste 28 de Abril, día Mundial da Seguridade e da Saúde no Traballo, aínda nunha situación de pandemia derivada do COVID-19 e baixo un estado de alarma decretado no conxunto do Estado español. O ano pasado por estas datas xa denunciabamos como nesta pandemia se estaba a evidenciar a concepción que as empresas teñen da seguridade e saúde no traballo como un gasto de produción máis que un verdadeiro interese pola saúde das persoas traballadoras.Tamén poñiamos énfase en como nas decisións dos gobernos central e autonómico pesaron máis os intereses económicos que a saúde das persoas. Este comportamento das empresas ás que só importan os beneficios e dos poderes políticos claramente ao servizo dos intereses económicos, mantívose durante todo este período e continúa aínda no presente.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 38

28-04-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

Neste 28 de Abril, día Mundial da Seguridade e da Saúde no Traballo, atopámonos aínda nunha situación de pandemia derivada do COVID-19 e baixo un estado de alarma decretado no conxunto do Estado español. O ano pasado por estas datas xa denunciabamos como nesta pandemia se estaba a evidenciar a concepción que as empresas teñen da seguridade e saúde no traballo como un gasto de produción máis que un verdadeiro interese pola saúde das persoas traballadoras. Tamén poñiamos énfase en como nas decisións dos gobernos central e autonómico pesaron máis os intereses económicos que a saúde das persoas. Este comportamento das empresas ás que só importan os beneficios e dos poderes políticos claramente ao servizo dos intereses económicos, mantívose durante todo este período e continúa aínda no presente.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 37

24-02-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

O día 14 de xaneiro de 2021 entrou en vigor o regulamento sobre os plans de igualdade nas empresas; a normativa xa está vixente para os novos plans que se elaboren e para os que xa existan, que deberán adaptar o seu contido cando teña lugar a súa revisión, como máximo nun prazo de doce meses a partires da entrada en vigor do Real Decreto. O regulamento esixe que os plans de igualdade sexan negociados entre a dirección da empresa e os traballadores/as e que sexan inscritos en rexistro público.

BON 2021!

23-12-2020 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

DENDE O GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL QUEREMOS FACERVOS CHEGAR OS MELLORES DESEXOS PARA O 2021.

Boletín CIG Saúde LABORAL nº 36

24-07-2020 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Hai relativamente pouco, no mes de decembro do pasado ano 2019, tivemos coñecemento da existencia dun novo coronavirus humano que con posteridade foi quen de xerar un brote infeccioso de tales dimensións que rematou por acadar a devastadora cualificación de pandemia, e que dende entón está a provocar unha enorme crise sanitaria e económica a nivel planetario. Sendo certo que o coronavirus SARS-CoV-2 non é o primeiro coronavirus do que se ten coñecemento, a pesares de que actualmente sexa xa a estas alturas un dos máis estudados dadas as graves consecuencias que está a producir, asombra e atemoriza a súa alta facilidade de transmisión, a súa letalidade e a súa rápida propagación

28 de abril, Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo: O Capitalismo mata

28-04-2020 - Secretaría Confederal de Saúde Laboral. Francisco X. Cartelle Pérez

Enfrontamos este 28 de abril de 2020 envoltos nun “estado de alarma” decretado polo actual Goberno, como consecuencia da pandemia do Covid-19 que está a padecer o planeta. O xeito de actuar de cada Estado diante desta emerxencia sanitaria, o escenario dende o que se enfronta e as medidas que estes adoptan, teñen dende logo moito que ver cunha cuestión ideolóxica, cunha cuestión de clase. No noso caso, vivimos nun Estado onde os Gobernos, tanto o Central como o Galego, veñen aplicando políticas en función dos intereses do capital, dunha elite económica sen escrúpulos que só ten como horizonte a consecución de beneficios, sen importarlle as terríbeis consecuencias que iso poida ter para a saúde das persoas e mesmo para o propio planeta. Nesta situación de pandemia, tense evidenciado o efecto perverso desas políticas neoliberais no sistema público de saúde, máis tamén nas políticas relativas á seguridade e saúde no traballo.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 35

18-12-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Logo de moitos retrasos e anos de negociación no marco da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, CNSST, dende xuño de 2016 no Estado español estaba vixente o VLEP (Valor Límite de Exposición Profesional) de 0.05 mg/m³ para a fracción respirable de sílice cristalina. Increíblemente este VLEP está a punto de cambiar para peor, como consecuencia da aceptación por parte da Secretaría de Estado para o Emprego, que preside a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, das alegacións presentadas pola representación empresarial ao Proxecto de Real Decreto polo que se modifica o RD 665/1997 de 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo, modificación consecuencia da trasposición da Directiva (UE) 2017/2398 do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de decembro de 2017. No pleno do CNSST celebrado o pasado 8 de outubro foi aprobado, coa oposición frontal das organizacións sindicais presentes, o incremento, entre outros, do VLEP da fracción respirable de sílice cristalina do actual 0.05 mg/m³ a 0.1 mg/m³, valor contemplado pola Directiva en proceso de trasposición.

De acordo coas patronais empresariais o PSOE da un paso atrás fronte a silicose e a defensa da saúde dos traballadores

29-10-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O Goberno do PSOE en funcións a proposta da Secretaría de Estado para o Emprego, que preside a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), pretende incrementar os límites de exposición profesional no traballo a tres axentes canceríxenos, entre outros ao de sílice cristalina respirable, presente en multitude de procesos produtivos no noso País. As partículas deste material son as causantes do aumento de traballadores enfermos e falecidos por silicose, enfermidade na que nos últimos anos Galiza é líder a nivel do Estado, converténdose na nosa terra na principal enfermidade profesional. Coma sempre o Estado español velando polo benestar e a saúde dos traballadores galegos.

Un proxecto de RD para a protección dos traballadores/as ante produtos canceríxenos e mutáxenos, convértese nun inxustificado paso atrás que estabelece perigosos precedentes

17-10-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Nunha decisión inesperada da Secretaría de Estado para o Emprego, a Acrimilanida, o Bromoetileno e o po respirable de Sílice cristalina, contraditoriamente baixo a escusa da súa cualificación como carcinóxenos, son propostos para incrementar os seus valores límite de exposición profisional VLEP por riba dos límites que ata agora se viñan aplicando para estes produtos no Estado español.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 34

11-10-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Segundo os datos aportados no pasado XXI Congreso Mundial sobre Seguridade e Saúde no Traballo celebrado en Singapur, os accidentes e as lesións relacionadas co traballo son a consecuencia a nivel mundial dunha perda do 3,9% do PIB cun custo mínimo estimado de 2,68 billóns de euros. No caso da Unión Europea (EU), os problemas de saúde e as lesións relacionadas co traballo están a supoñer anualmente unha perda equivalente ao 3,3% do seu PIB o que supón uns 476 mil millóns de euros dos que unha gran parte se destinan a políticas de indemnización, asistencia social e atención sociosanitaria dos traballadores/as accidentados, que no caso español maioritariamente pagamos todos nós (a sociedade) e non as empresas responsables da sinistralidade.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 33

30-07-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O radon constitúe a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco. A OMS estima que a proporción dos casos de cancro de pulmón a nivel estatal atribuíbles ao radon, con respecto do total, varía dun 3% a un 14%. Actualmente non se coñece un limiar de exposición por baixo do cal a concentración de radon interior non supoña ningún risco. Este artigo (complementario ao publicado sobre este tema no Boletín CIG Saúde Laboral Nº 23) abórdase o tratamento deste risco dende o punto de vista da lexislación vixente e dos recursos legais a disposición dos traballadores/as para reclamar do empresario/a e das institucións os medios necesarios para garantir a debida seguridade no desenvolvemento do traballo.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 32

29-05-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

No ano 2016, a Enquisa Anual Laboral (EAL) realizada polo Ministerio de Traballo revelou que só un 34,4% das empresas españolas investigaba os accidentes laborais. Isto é, que o 65,6% das empresas non cumpren coa súa obriga legal de investigar os accidentes. Se temos en conta que os accidentes non investigados rondan o 60%, isto supón que uns 300.000 accidentes de traballo quedan anualmente sen investigar, sen que isto conleve ningún tipo de sanción para a infinita maioría das empresas que non cumpren coa legalidade nesta materia.

Un 28 de abril na defensa dos nosos dereitos e da nosa saúde como traballadores/as e como galegos/as

26-04-2019 - Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo

Sen loita non hai recuperación nin avance

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 31

09-04-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Co ánimo de acadar que as mutuas controlen as baixas laborais por enfermidade común, ata o de agora reservadas á sanidade pública, estamos a sufrir unha continuada e persistente campaña de engaño e desinformación en relación ao verdadeiro alcance do absentismo laboral no Estado español. Así mesmo, como parte desta estratexia, estase a introducir a falsedade de que as mutuas están a realizar unha xestión impecable das baixas que lles corresponden, protexendo a saúde dos traballadores, acelerando os procesos de recuperación, aforrando diñeiro ao erario público e minimizando os casos de litixiosidade cos traballadores/as. Nada máis lonxe da realidade: do ano 2012 ao ano 2017, segundo o Informe de Reclamacións do ano 2017 publicado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, as reclamacións realizadas polos traballadores/as ás mutuas incrementáronse nun 75%.

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

26-03-2019 - Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, FSP

A Secretaría de Estado de la Seguridad Social a través de La Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. (FEPRL), ven de conceder unha subvención á Confederación Intersindical Galega (CIG) para executar a acción “Asistencia técnica en prl e iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prevención, seguridade e saúde no traballo” con código de acción AT2018 - 0038.

BON 2019!

27-12-2018 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG-

Dende o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral queremos facervos chegar os mellores desexos para o 2019.

RADIOGRAFÍA SOBRE A CALIDADE DO EMPREGO E AS CONDICIÓNS DE TRABALLO NO ESTADO ESPAÑOL: Informe “Bad Jobs” recovery? European Job Quality Index 2005-2015 (ETUI) e Sexta Enquisa Europea sobre as Condicións de Traballo: 2015 (Eurofound)

21-12-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 30

O recoñecido e prestixioso European Trade Union Institute, publicou no pasado ano 2017 o informe “Bad Jobs” recovery? European Job Quality Index 2005-2015 sobre a calidade do emprego nos 28 países da Unión Europea. O resultado pódese considerar como realmente demoledor para o Estado español que, na maioría dos indicadores de calidade do emprego utilizados neste importante e acreditado estudo aparece dentro do grupo de estados con peor puntuación.

Boletín CIG – Saúde Laboral Nº 30

20-12-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O futuro do traballo presenta múltiples desafíos como as dificultades de emprego dos traballadores/as novos/as, as grandes desigualdades nos ingresos salariais, as relacións laborais informais, a revolución dixital, os procesos de innovación tecnolóxica e organizativa, a automatización e a robotización, as desigualdades de xénero, o envellecemento da poboación traballadora, o escaso desenvolvemento da economía rural, a menor sostenibilidade do emprego, o deterioro da protección social ou o debilitamento da negociación colectiva. Ante esta problemática, son numerosas as aportacións que dende fontes autorizadas comezan a realizarse na procura de solucións, entre as que destacan a creación de impostos aos automatismos que sustitúan o traballo humano ou a implantación do chamado “ingreso básico universal”

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 29

11-10-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Son moitos os elementos potencialmente carcinóxenos que actualmente podemos atoparnos nas contornas de traballo, que interveñen en distintos procesos produtivos ou incluso son consecuencia dos mesmos. Neste senso resulta preocupante que sexan moi numerosas as empresas e moi numerosos os/as traballadores/as, que non son conscientes desta situación. No marco da UE cada ano calcúlase que 120.000 traballadores/as vense afectados por un cancro de orixe laboral que remata costando ao redor de 80.000 vidas humanas, sendo a primeira causa de morte relacionada co traballo.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 28

28-06-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Coincidindo coa conmemoración do Centenario da OIT no vindeiro ano 2019, esta organización aprobou levar a cabo sete "iniciativas de debate" consideradas fundamentais, para ser tratadas no plenario da "Conferencia Internacional do Traballo", que está previsto se desenvolva ese ano. Dentro destas iniciativas atópase o "Futuro do Traballo", que se aborda a través de distintas fases. A primeira fase de reflexión xira ao redor de catro "conversacións", nas que se tratarán cinco importantes ámbitos xerais de análise, que neste "informe inicial" correspóndense son cinco "capítulos" que conforman a base de información para o debate na Comisión Mundial da OIT sobre o Futuro do Traballo. O primeiro destes capítulos "Principais retos a enfrontar no mundo do traballo na situación actual", é a base do primeiro artigo do presente Boletín

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 27

27-04-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

A miúdo os traballadores e traballadoras padecen as consecuencias derivadas dunha incorrecta determinación da continxencia que da lugar á incapacidade temporal; este feito ten consecuencias tanto económicas como médicas e de seguimento futuro da doenza. Neste número do Boletín repasamos os motivos polos que é tan importante a correcta determinación da continxencia, así como o procedemento administrativo a seguir en caso de desacordo coa continxencia determinada polo facultativo que expide o parte de baixa. *FE DE ERRATAS: observada unha errata no cadro da páxina 2 do boletín publicado, procedeuse á substitución da frase: "A prestación por IT, ten unha contía igual á prestación que te corresponde por desemprego" por "A prestación por IT ten unha contía igual á que tiveras recoñecida ata ese momento", atopándose neste momento xa modificado para a súa visualización e descarga.

Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. As reformas laborais matan

27-04-2018 - 28 de abril

A FOLGA XERAL DEBE SER A RESPOSTA CONTUNDENTE DA CLASE OBREIRA A UNHAS POLÍTICAS ECONÓMICAS DO PP QUE NOS EMPOBRECEN, PRECARIZAN E MENOSCABAN A NOSA SAÚDE. A enorme precarización das condicións de traballo derivadas das distintas reformas laborais dos gobernos do PSOE e do PP teñen provocado un aumento substancial da sinistralidade laboral, especialmente no noso País. En Galiza o índice de sinistralidade laboral duplica o do Estado español. O número de mortes por accidentes laborais medrou un 2% no ano 2017 e os accidentes con baixa un 5,6%.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 26

02-03-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Neste Nº 26 do Boletín CIG Saúde Laboral, o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral publica unha exhaustiva entrevista ao novo Secretario Confederal de Saúde Laboral da CIG Francisco Cartelle, a través da cal se desglosan visións e posicionamentos clave da nosa central sindical en relación á actual problemática da prevención de riscos e a saúde laboral tanto no noso País como no conxunto do Estado.

BON 2018!

29-12-2017 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG-

Dende o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral queremos facervos chegar os mellores desexos para o 2018.

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

14-12-2017 - Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, FSP

A Secretaría de Estado de la Seguridad Social a través de La Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. (FEPRL), ven de conceder unha subvención á Confederación Intersindical Galega (CIG) para executar a acción “Asistencia técnica en prl e iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prevención, seguridade e saúde no traballo” con código de acción AT2017 - 0081.

Acoso psicolóxico no traballo ou mobbing (III)

15-11-2017 - PSICOSOCIOLOXÍA

Por norma xeral quen lidera unha situación de acoso é unha persoa habituada a manipular aos demais, a través da mentira o engano e as medias verdades. Esta manipulación e engano faise a través dun tipo de comunicación denominada paradóxica, que remata por configurar un determinado tipo de discurso un tanto incongruente e contraditorio, no que a utilización de argumentos falsos salpicados de insinuacións e malos entendidos forman en moitos casos parte consustancial do mesmo.

Acoso psicolóxico no traballo ou mobbing (II)

31-10-2017 - PSICOSOCIOLOXÍA

A utilización tendenciosa de falsas crenzas e argumentos, moitas veces propiciados pola propia empresa ou organización, tenden a perpetuar as situacións de violencia, dificultando que a sociedade protexa axeitadamente ás vítimas de acoso moral no traballo, a pesares de que estas/es non se correspondan coa realidade e polo tanto sexan falsos/as e rebatibles. Asumir consciente ou inconcientemente este tipo de falsas crenzas e argumentos, en moitos casos vinculados a estrutura xerárquica da empresa ou organización, implica favorecer a quenes practican o acoso.

Acoso psicolóxico no traballo ou mobbing (I)

30-10-2017 - PSICOSOCIOLOXÍA

As actuacións de acoso no ámbito dunha empresa ou organización, a meirande parte das veces derivan en graves consecuencias sobre a saúde do/a traballador/a acosado/a, así como nun importante deterioro do ambiente de traballo que remata por prexudicar a convivencia laboral, así como o rendimento e a produtividade do departamento ou centro de traballo afectado. Entre as múltiples definicións existentes en relación ao concepto de acoso laboral ou mobbing, chámanos a atención pola súa sinxeleza e amplitude a proporcionada no ano 2003 polo Congreso dos Diputados: “toda conduta non desexada que atente contra a dignidade dunha persoa e cre un entorno intimidatorio, humillante ou ofensivo”.

Saúde Laboral, crise económica e futuro da UE

27-10-2017 - SAÚDE LABORAL

A prevención de riscos e a saúde laboral dos/as traballadores/as segue a ser un tema pendente dunha axeitada solución. A pesares de coñecerse perfectamente a estas alturas a través de múltiples e avalados informes de carácter nacional e internacional, que a non prevención ou unha deficiente prevención, a maiores de causar importantes perdas e sufrimentos humanos e sociais, xera tamén cuantiosas perdas económicas a aquelas empresas que non a realizan, a prevención de riscos, a preservación e o coidado da saúde laboral seguen a ser unha asignatura pendente que con demasiada recorrencia se suspende no mundo empresarial.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 25

27-07-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O Acordo Marco Autónomo sobre o Envellecemento Activo cun enfoque Interxeracional é o resultado das negociacións mantidas entre as patronais europeas (Eurobusiness, CEEP e UAPME) e a Confederación Europea de Sindicatos (CES), co fin de abordar a participación activa dos/as traballadores/as de maior idade no mercado laboral dende un enfoque interxeracional. Neste documento promóvese a transferencia de coñecementos e experiencias no lugar de traballo así como o emprego de ferramentas e a implementación de medidas destinadas ao acondicionamento dos lugares de traballo, a adaptación dos procesos produtivos, a reasignación e redistribución de tarefas, a realización de avaliacións de riscos específicas e eficaces en relación a esta problemática, programas de sensibilización para a mellora voluntaria dos hábitos de saúde e a adopción de medidas que aborden a protección física e psicolóxica dos/as traballadores/as de maior idade.

O argumento económico en favor da seguridade e a saúde no traballo: análise custo-beneficio das intervencións realizadas en pequenas e medianas empresas.

20-07-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Aínda recoñecendo que son escasos os recursos dos que dispoñen as Pemes para investir no ámbito da seguridade e a saúde no traballo, ao longo do tempo diversas investigacións teñen posto de manifesto que unha vez que estas entenden a relación existente entre a seguridade, a saúde e a produtividade no traballo, estas son capaces de estabelecer e recoñecer o vínculo entre esas medidas e os resultados económicos. Así as cousas é indubidable a importancia que adquire o feito de contar con información adecuada sobre o modo en que as intervencións poden mellorar tanto a seguridade como a saúde, á vez que reducen os custos da empresa facéndoa máis viable.

O estrés térmico e o golpe de calor: medidas preventivas

07-07-2017 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG-

Segundo as Estatísticas de Accidentes de Traballo que ten publicado o propio Ministerio de Emprego e Seguridade Social, ao longo do no ano 2016 producíronse 83 accidentes de traballo por «calor e insolación», dos cales seis deles foron graves e un con resultado de morte. O chamado estrés térmico por calor resulta especialmente perigoso nos traballos que se realizan ao aire libre, como acontece no caso do sector da construción, no agro, no marisqueo ou nos traballos de obras públicas, xa que, ao tratarse dunha situación perigosa que se dá nos días máis calorosos de verán, non adoita haber programas específicos de prevención de riscos como noutros traballos nos que o estrés por calor é un problema ao longo de todo o ano.

A participación dos/as traballadores/as na xestión da seguridade e a saúde no Estado español. A evidencia cualitativa de ESENER-2. Observatorio Europeo de Riscos. Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.

30-06-2017 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG-

O presente estudo céntrase na representación dos intereses dos/as traballadores/as en materia de seguridade e saúde tal como a perciben os propios representantes, os seus compañeiros/as de traballo e os seus empregadores/as. A nivel europeo baséase nunha serie de entrevistas en profundidade celebradas con estes participantes en 143 centros de traballo de sete Estados membros da UE: Bélxica, España, Estonia, Grecia, Países Baixos, Suecia e Reino Unido.

Acordo Marco Autónomo sobre o Envellecemento Activo cun Enfoque Interxeracional

13-06-2017 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG-

Logo de 9 meses de tiras e afrouxas nos cales as patronais europeas puxeron en evidencia a súa falla de unidade, así como da coherencia necesaria para presentar propostas construtivas concretas que razoablemente puidesen dar lugar a un Acordo coherente e equilibrado en relación aos obxectivos propostos, o pasado 1 de decembro do ano 2016 remataron as negociacións que en última instancia deron lugar ao “Acordo Marco Autónomo dos Interlocutores Sociais Europeos sobre Envellecemento Activo cun Enfoque Interxeracional”. Momento a partires do cal comezou o seu proceso de ratificación polos órganos de goberno das tres organizacións empresariais europeas implicadas no proceso de negociación (Eurobusiness, CEEP e UAPME) e da Confederación Europea de Sindicatos (CES).

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 24

31-05-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O pasado 24 de marzo publicouse o Real Decreto 231/2017, do 10 de marzo, que derroga o RD 404/2010, polo que até agora se regulaba o estabelecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a súa sinistralidade laboral en relación á do seu sector de referencia. Con este novo Decreto, o Goberno do Estado sorpréndenos unha vez máis dun xeito negativo, ao forzar un cambio radical na filosofía e o enfoque do anterior RD, utilizándoo como unha ferramenta destinada a financiar ás empresas e as propias mutuas, e o que chama moitísimo a atención, eliminando de maneira inopinada os necesarios e imprescindibles controis que si se estabelecían na anterior normativa.

Última Enquisa Estatal de Condicións de Traballo

22-05-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixene no Traballo (INSHT) vén de publicar recentemente os datos da Enquisa Estatal de Condicións de Traballo correspondente ao ano 2015. Da mesma se deprenden entre outras conclusións, que segue sen mellorar a exposición dos/as traballadores/as aos riscos físicos e ambientais, á vez que baixan os salarios e pola contra increméntanse as responsabilidades e as cargas de traballo.

Estudo epidemiolóxico das enfermidades profesionais no Estado español de 1990 a 2014

08-05-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

No marco da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020, recóllese que a prevención das enfermidades profesionais é un dos ámbitos preferentes de actuación sobre os que se debe traballar de maneira máis intensa, especialmente nos sectores e actividades con maiores índices de incidencia das mesmas.

Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. O neoliberalismo mata.

28-04-2017 - 28 de abril

No actual contexto sociolaboral de extraordinaria inseguridade e incertidume para o conxunto da clase traballadora, persiste e exténdese o temor en relación á evolución que está a experimentar o mundo do traballo que, paradóxicamente a pesares dos incrementos da productividade, das capacidades tecnolóxicas dos medios de producción e o incremento dos beneficios empresarias, non para de xenerar emprego precario, un incremento exponencial das desigualdades e unha pobreza estructural da que xa non se libran nin aqueles que teñen a sorte de traballar, xenerándo inmensas bolsas de marxinación e exclusión social.

RD 231/2017 de 10 de marzo: a sinistralidade laboral como escusa para financiar a fondo perdido a mutuas e empresas

25-04-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

A todas luces a redución da sinistralidade laboral debería ser un obxectivo innegociable e prioritario, dada a súa extraordinaria relevancia económica, social e humana. En maior medida se acaso, cando os distintos indicadores deixan entrever un incremento significativo e constante da sinistralidade que, dende fai xa bastante tempo, aconsella a inmediata adopción de medidas destinadas a conter e reducir esta inasumible lacra sociolaboral.

Sinistralidade laboral e enfermidades profesionais: un custo humano e económico evitable

12-04-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

No marco dos estados da UE, anualmente entre o 2,9% e o 3% dos/as traballadores/as están a sufrir accidentes de traballo que conlevan máis de tres días de baixa, e entre 23 e 24 millóns de traballadores/as padecen problemas de saúde causados ou agravados polo traballo. Asumindo que realizar unha estimación global dos custos que supoñen os accidentes e os problemas de saúde relacionados co traballo é sempre unha tarefa complexa, resulta fundamental facer esta estimación como medio para comprender o alcance e dimensión dos custos xerados pola non prevención ou por unha inaxeitada prevención.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 23

29-03-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

As Empresas de Traballo Temporal, ETT, representan por definición a temporalidade e a inseguridade na contratación, afianzando o modelo da precarización laboral; por norma xeral o/a traballador/a non só perde dereitos, estabilidade e salario, senón que ademais, perde en seguridade e en saúde laboral: a esixencia de rapidez na resposta requirida polas empresas usuarias á prestación de servizos das ETT, constitúe unha das principais características á vez que limitación ou dificultade para levar a cabo unha axeitada coordinación preventiva entre ámbalas dúas empresas, da que se derivan múltiples problemas e deficiencias que afectan tanto á coordinación como ás propias condicións de traballo en termos de prevención de riscos e seguridade laboral. O Grupo de Traballo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo encargado de identificar e buscar solución a estes problemas, ten identificado unha serie de deficiencias preventivas, que poderían ser subsanadas a través da implementación dun catálogo de boas prácticas en materia de coordinación empresarial e formación entre as ETT e as Empresas Usuarias.

Seguridade e Saúde Laboral dos/as Traballadores/as de ETT: Boas prácticas en coordinación empresarial e formación.

22-03-2017 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL

Ao principio dos anos 90, cunha forte crise económica e un importantísimo nivel de desemprego, o goberno do PSOE dá un importante xiro ideolóxico abandonando unha parte importante dos principios históricos e tradicionais da socialdemocracia europea, abranguendo sen ambaxes unha sorte de socioliberalismo difuso que asume de partida unha boa cantidade de principios propios da dereita neoliberal. Consecuencia en parte deste “troco” de principios, o PSOE, do mesmo xeito que xa fixera no ano 1984, impulsa unha segunda reforma laboral, novamente sen contar coas organizacións sindicais, e introduce na lexislación laboral estatal diferentes modalidades de contratación laboral á vez que afonda no desenvolvemento das xa existentes, abarata e facilita o despedimento, legaliza as ETT e racha co monopolio do INEM en materia de colocación e intermediación laboral.

A dixitalización e o futuro do emprego

24-02-2017 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL

Á vista dos acontecementos e dos datos existentes, os países comunmente chamados “desenvolvidos” teñen un serio problema de creación de emprego, problema de aínda maior alcance se falamos de emprego digno e cuns mínimos parámetros de calidade en termos de dereitos laborais, remuneración e condicións de traballo. Segundo datos da propia OIT a pesares que dende o inicio da “crise” no ano 2008 ata o ano 2014, a nivel mundial xeráronse douscentos doce millóns de postos de traballo, deste conxunto só cen mil foron xerados polos países “desenvolvidos”, destruíndo a Europa dos 28 estados máis de tres millóns setecentos mil empregos durante esta etapa.

Formaldehído: Canceríxeno de categoría 1B

14-02-2017 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O 5 de xuño de 2014 coa publicación do regulamento (UE) 605/2014 da Comisión, que modificaba o Regulamento (CE) 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas, finalizouse un longo proceso administrativo que rematou por determinar que a partires do 1 de xaneiro do ano 2016 o formaldehido pasaba a ser considerado oficialmente como canceríxeno no marco da Unión Europea.

Estratexia "Vision Zero"

30-01-2017 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL

Vai escasamente tres anos, un artigo asinado por un relevante grupo transnacional de investigadores en materia de saúde laboral de Holanda, Finlandia, Bélxica, Dinamarca e Francia, chamou poderosamente a atención da comunidade científica sobre a estratexia ZAV “Zero Accident Visión”, xerada a partires do esforzo práctico desenvolvido por diversas empresas de distintos puntos do mundo, empeñadas en promover un enfoque innovador en contraposición á maneira tradicional de como afrontar a saúde e a seguridade laboral.

Seguridade e saúde laboral para T+55: riscos novos e emerxentes

29-12-2016 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

No actual contexto no que a esperanza de vida supera en 20 anos a idade de abandono da actividade laboral, as previsións para a sociedade española indican que de cara ao ano 2.050 teremos menos poboación e máis avellentada. Neste horizonte temporal relativamente próximo, dende os distintos estados da UE considérase necesario incrementar a participación laboral dos traballadores e traballadoras maiores, retrasando a súa idade de saída do mercado laboral como medio para aliviar no posible a presión sobre os sistemas de protección social. O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral ven de publicar a Guía "Seguridade e Saúde Laboral para traballadores e traballadoras maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes", incluída dentro do proxecto do mesmo título no que estivemos a traballar neste ano 2016.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 22

22-12-2016 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O envellecemento da poboación é un fenómeno presente e xeneralizado en todas as sociedades modernas. En torno ao ano 2050, as persoas maiores de 65 anos representarán máis do 30% do total da poboación. Neste horizonte temporal relativamente próximo, desde os distintos estados da UE está a considerarse necesario incrementar a participación laboral dos traballadores e traballadoras maiores, atrasándose a idade de saída do mercado laboral. Neste contexto, debería considerarse e aboradarse o envellecemento da poboación traballadora como un risco novo e emerxente, superando o actual e dominante enfoque que considera o envellecemento no traballo como unha perda progresiva da saúde e das capacidades produtivas. Envellecer non é nin unha enfermidade nin unha patoloxía, simplemente é unha variable máis a ter en conta na prevención de riscos laborais que debe ser incorporada á xestión preventiva dentro das empresas.

Dende a implantación da actual reforma laboral do PP coa excusa da crise económica, os accidentes laborais sen baixa multiplicaron o seu peso en relación aos accidentes con baixa, en gran medida debido ao temor dos traballadores/as a ser despedidos.

21-10-2016 - saúde laboral

Así é, a actual reforma laboral paradigma da desprotección e a eliminación dos dereitos dos traballadores/as, ten propiciado que as Mutuas Colaboradoras da Seguridade Social, ao servizo dos intereses das empresas baixo as directrices políticas do Goberno do PP, teñan “endurecido” extraordinariamente as condicións para conceder as baixas laborais por IT, o que unido ao temor dos traballadores/as a ser despedidos e perder o seu posto de traballo no caso de non acudir ao mesmo –como tantas veces ten acontecido nos últimos tempos-, da como resultado que só nos casos de accidentes de maior gravidade –independentemente da súa cualificación-, nos que ao traballador/a lle resulta imposible ir a traballar, iste decide acollerse á baixa por IT.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 21

11-10-2016 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O primeiro semestre deste ano 2016, devolve a Galiza ao primeiro posto de sinistralidade laboral no Estado Español, alcanzando un índice de incidencia de accidentes laborais con resultado de morte (nº de accidentes cada 100.000 traballadores/as en activo) que alcanza os 0,519 puntos fronte aos 0,259 da media estatal, isto é un índice de incidencia que nos indica que neste 1º semestre do ano, proporcionalmente morreron na Galiza por accidente laboral o dobre de traballadores/as que a media do conxunto do Estado.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 20

13-07-2016 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Resulta habitual considerar o absentismo laboral atendendo exclusivamente á incapacidade laboral transitoria do/a traballador/a, sen ter en conta que, segundo a definición de absentismo da RAE, este termo conleva un compoñente de voluntariedade; é decir que o/a absentista é aquel que se ausenta por vontade propia. Considerar calquera ausencia do traballo, xustificada ou non, como absentismo laboral, supón unha interesada distorsión da realidade laboral e das estatísticas, a fin de cargar contra o/a traballador/a. Así mesmo a análise que sobre o absentismo se realiza por parte dos diferentes estados, sectores produtivos ou institucións, carece dunha metodoloxía única e dunha estandarización de parámetros a medir, o que fai que as estatísticas sexan imposibles de comparar.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 19

12-05-2016 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

ESENER - 2 é a segunda enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes. Realizada pola Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA) no verán/ outono de 2014; participaron na mesma 49.320 empresas de tódolos sectores produtivos con cinco ou máis empregados; as empresas estaban repartidas nos países que conforman a Europa dos Vinteoito máis Albania, Islandia, Montenegro, Macedonia, Serbia, Turquía, Noruega e Suíza. Entre os datos obtidos, resaltar que só o 11% das empresas do Estado español realizan as avaliacións de riscos con medios propios, dentro do grupo de países europeos cun menor índice de integración da prevención nas empresas, factor preocupante en termos de calidade, eficiencia e resultado das políticas preventivas que se desenvolven nas empresas.

Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. A non prevención mata

28-04-2016 - 28 DE ABRIL

A recente e radical reforma laboral levada a cabo polo Goberno do Partido Popular, entre outras moitas e inaceptables cuestións, ten posto aos pés dos/as empresarios/as a determinación das políticas preventivas e a saúde laboral do conxunto da clase traballadora, con cada vez máis desatrosas e devastadoras consecuencias.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 18

11-03-2016 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O incremento da poboación traballadora maior de 55 anos e a imposición do alongamento da vida activa, supón o incremento da idade media dos traballadores/as das empresas así como a proporción de estos en relación a traballadores/as de menor idade. O proceso de envellecemento dos seres humanos supón polo xeral un progresivo deterioro da súa saúde, o que ten consecuencias directas sobre a saúde laboral e os riscos aos que se deben enfrentar os traballadores/as maiores de 55 anos. Co fin de abordar esta problemática, o Gabinete Confederal de Saúde Laboral da CIG pon en marcha unha modesta iniciativa de análise e información a traves do espazo web "Seguridade e saúde laboral para traballadores/as maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes". O acceso a este novo espazo é posible a través da portada da plataforma www.cigsaudelaboral.org

BON 2016!

29-12-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG-

Dende o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral queremos facervos chegar os mellores desexos para o 2016.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 17

23-12-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Neste ano 2015 a Lei de Prevención de Riscos Laborais cumpre 20 anos. Aínda que ten contribuído á redución da sinistralidade laboral, o certo é que o sistema preventivo español non remata de responder ás expectativas xeradas, defraudando as necesidades de modificación e mellora dunha realidade preventiva no Estado español, deficitaria en termos de implantación e arraigo dunha auténtica cultura preventiva, lonxe dos estados máis avanzados do noso entorno. A pesares dos esforzos realizados, a LPRL semella unha unha declaración de boas intencións, que no seu posterior percorrido de desenvolvemento ten derivado, na práctica, nunha excesiva burocratización na aplicación da norma e nun cumprimento legal meramente formal por parte da maioría das empresas.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 16

14-10-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Ante a necesidade de abordar a reforma do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, historica e amplamente demandada conxunto de organizacións sindicais, o goberno ven de promulgar a Lei 23/2015 de 21 de Xullo, Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social. Esta Lei adoece do deseño axeitado e do consenso sociolaboral necesario para configurar un novo sistema de Inspección de Traballo adecuado ás necesidades sociolaborais, eficaz, eficiente e rigoroso no seu obxectivo básico: garantir os dereitos de traballadores e traballadoras

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 15

14-07-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Estamos a vivir unha situación de marcha atrás no que á saúde laboral se refire. O avance vivido nos últimos anos nas políticas preventivas dos Estados da Unión Europea, pon o punto morto ou incluso a marcha atrás. Unha análise de situación abre este número do Boletín, que complementa o seu sumario con temas relativos aos disruptores endocrinos, o Código Ético Internacional en materia de Saúde Laboral, recemente renovado, e o traballo a quendas e nocturno.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 14

13-05-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O artigo de Análise e opinión sobre a recentemente aprobada Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020 abre o número 14 do Boletín CIG Saúde Laboral. Así mesmo, neste número desenvolvense contidos relacionados coas funcións dos delegados e as delegadas de prevención e seu dereito de acceso á documentación preventiva da empresa, segundo o Criterio Técnico 43/2205 da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Péchase o Boletín co recordatorio de remate do período de adaptación ao Regulamento (CE) 1272/2008 para Clasificación, Etiquetado e Envasado de substancias e mesturas químicas, CLP.

Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. Pouco ou nada que celebrar.

28-04-2015 - 28 de abril

O día 28 de abril, Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, é nesta ocasión un día realmente difícil de celebrar. A estas alturas a ninguén se lle escapa, nin sequera aos máis obtusos e/ou desinformados, que a ultradereita neoliberal e conservadora internacional está a desenvolver nos últimos anos no conxunto do mundo e tamén en Europa, un deseño político-económico de carácter extraordinariamente regresivo. Isto fíxose baixo a coartada da posta en marcha dun modelo de superación da crise económica, que curiosamente estes mesmos gobernos, dereitosos e neoliberais, xeraron a través das súas políticas ultracapitalistas ao servizo das grandes multinacionais e os centros internacionais de poder económico para os que traballan e prestan os seus servizos. Cos que comparten a súa visión social, os seus fins e a súa repugnante ideoloxía.

Lembranza a Miguel Martínez Losada

09-04-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

No dia de onte faleceu o compañeiro Miguel Martínez Losada, importante promotor e impulsor entre outros/as do proceso de creación e constitución do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), do que logo foi o seu primer director. Iniciativa esta ao redor da cal Miguel conseguíu agrupar os consensos e as vontades do conxunto das organizacións empresariais e sindicais na procura da mellora da prevención de riscos e a saúde laboral no noso País.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 13

11-03-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O Boletín CIG Saúde Laboral Nº 13 destaca na súa portada o novo servizo que o Gabinete Técnico Confederal da CIG ven de introducir na súa web: o asesoramento técnico on line. Esta ferramenta nace co fin de facilitar o acceso ao servizo de asesoramento en materia de prevención de riscos e saúde laboral, servizo que o Gabinete está a prestar dende hai anos basicamente a través dos puntos de asistencia territorial. As consultas recibidas a través do formulario que o usuario/a cumprimenta e nos remite, sempre serán atendidas polas técnicas e técnicos en prl do Gabinete, garantindo sempre a confidencialidade dos datos facilitados e que estos únicamente se empregarán coa finalidade de respostar á consulta recibida.

Asesoramento Técnico

09-02-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

A web do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG ven de introducir un novo servizo: o asesoramento técnico on line. O acceso a este servizo é moi sinxelo: na portada da web atoparedes un novo botón denominado “Asesoramento técnico” ; só hai que premer, cumprimentar os datos que solicita o formulario que se abre e darlle a enviar; unha vez recibida a consulta, poñerémonos en contacto co solicitante de asesoramento a través dos datos de contacto facilitados.

BON 2015!

29-12-2014 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG-

Dende o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral queremos facervos chegar os mellores desexos para o 2015.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 12

22-12-2014 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Recentemente e con retraso, a Comisión Europea presentou o novo marco estratéxico europeo en relación coa seguridade e saúde no traballo para o período 2014 -2020; o artigo de opinión sobre a nova Estratexia Europea inicia este número do Boletín. Compartindo espazo atópase información en relación á resolución de conflictos no entorno laboral e a súa aplicación no marco dos riscos psicosociais, a saúde laboral no sector da pesca, consecuencias da aplicación do novo modelo de xestión da IT e unha pequena síntese de actividade do Gabinete durante este ano 2014.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 11

13-10-2014 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O documento de análise no que se valoran os significativos cambios lexislativos que introducen tanto o Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo sobre Incapacidade Temporal coma o novo proxecto de Lei de Mutuas que modifica a Lei da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das antigas Mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais abre o número 11 do noso Boletín. Comparten espazo neste boletín artigos nos que se desenvolven temas relacionados coa sensibilidade química múltiple e a saúde laboral, o Comité de Seguridade e Saúde e o Mapa de Risco Químico elaborado polo ISSGA.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 10

25-06-2014 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

A importancia da representación e consulta de traballadores e traballadoras en materia de seguridade e saúde laboral queda patente nos datos reflectidos na enquisa ESENER, elaborada pola Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo. A valoración deste aspecto da enquisa comparte espazo no Boletín con outros temas como a situación que en materia de saúde laboral están a padecer traballadores e traballadoras do servizo de reparto de correo, a "Guía de vixilancia da saúde na pesca", o mercado de traballo visto dende un punto de vista de xénero ou o procedemento de actuación en caso de accidente de traballo.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 9

26-03-2014 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O artigo de opinión de Luís Burgos titulado “A CIG rexeita a reforma das Mutuas proposta polo goberno español” abre o número 9 do Boletín CIG – Saúde Laboral, o primeiro que edita o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG este ano 2014. Neste número podes atopar ademáis outros artigos en relación ás problemáticas suscitadas polas tarxetas profesionais sectoriais, a responsabilidade social empresarial e a seguridade e saúde no traballo, os nanomateriais e os riscos asociados ao traballo cos mesmos, e os Servizos de Prevención Mancomunados.

Un novo ano de traballo para o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

27-12-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL

No vindeiro ano 2014, a pesares das estreitezas económicas e da continua aplicación por parte do PP de políticas fondamente antisociais e de conculcación das liberdades, dende o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG imos continuar prestando aos traballadores e traballadoras galegos/as, os servizos básicos que até agora viñamos ofrecendo.

BON 2014!

27-12-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG-

Dende o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral queremos facervos chegar os mellores desexos para o 2014.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 8

19-12-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Un ano despois da publicación do artigo e a entrevista con Henrique Pérez, responsable do Sector de Automoción da CIG Metal, referido aos transtornos musculoesqueléticos no sector da fabricación de automóbiles, volvemos contar con Henrique para que nos faga un informe da situación do sector en relación a este tema. Neste número poderás atopar tamén unha análise do documento “PIVISTEA, programa de vixilancia da saúde dos traballadores expostos ao amianto”, así como información sobre a incidencia dos riscos psicosociais calificados non hai moito como “novos e emerxentes”, o accidente in itínere ou sobre a evidencia dos riscos de TME nas actividades de cobro en caixa. Rematamos cos artigos “Xubilacións no ISSGA” e “Síntese de actividade 2013”.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 7

14-10-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Un número máis vémonos na obriga de falar da formación en materia de prevención de riscos laborais específica para o sector da construción: o artigo de opinión "Un novo atranco aos dereitos dos/as traballadores/as do sector da construción abre o Boletín. Seguimos coa análise realizada por Anxo Pérez Carballo, Técnico en Prevención e Secretario Confederal de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostíble, sobre a silicose no sector da rocha ornamental, as orixes e prestacións derivadas nos casos de incapacidade laboral, o amianto como asignatura pendente e as Fichas Lembra. O "Estudo da incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais" elaborado polo Gabinete Tecnico Confederal de Saúde Laboral, pecha este número.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 6

08-07-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Dentro dos contidos incluídos neste número están a problemática que que xera para o conxunto dos traballadores/as do sector da construción a TPC (Tarxeta Profesional da Construción), analizada por Xoaquím Agulla Gómez, Secretario Comarcal da Federación de Construción e Madeira en Pontevedra e membro da Executiva Nacional desta Federación, o novo Sistema Galego de Alerta Temperá para a detección de enfermidades profesionais, a sentenza do Xulgado Central do Contencioso - Administrativo que declara inadmisible que o INSS pague productividade por dar altas médicas, o incremento da idade de xubilación e a megaminaría. Pechamos este número coas publicacións do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, "Identificación de riscos laborais e Guía de Boas Prácticas na estracción e na elaboración de pedra natural" .

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 5

09-05-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Neste número realízase unha analíse dos aspectos máis salientables do proxecto de Real Decreto polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración, xunto coas consecuencias que traerá para o conxunto da clase traballadora. A preocupación pola redución continuada de recursos económicos e de persoal técnico que está a sufrir o ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral); a sentenza que estimou o recurso interposto pola CIG contra a resolución do Secretario de Estado da Seguridade Social que fixaba os obxectivos de xestión para o ano 2011, e que servían de base para o cobro do complemento de produtividade dos médicos do ISM; o radón, a web www.cigsaudelaboral.org e as últimas publicacións sobre risco químico elaboradas polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, completan o boletín.

Risco químico: Guía básica de produtos

05-04-2013 - Xornada de presentación

O día 27 de marzo de 2013 desenvolveuse no Salón de actos da CIG en Ferrol, o acto de presentación da publicación "Risco químico: guía básica de produtos". Esta publicación foi elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG co financiamento da "Fundación para la Prevención de Riesgos Laborales".

Xornada de presentación

19-03-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O vindeiro mércores día 27 de marzo, a CIG realizará a presentación da nova publicación elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, "Risco químico: Guía básica de produtos". O acto terá lugar no Salón de Actos da Confederación Intersindical Galega en Ferrol a partir das 10.30 horas.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 4

13-12-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

A análise da incidencia dos trastornos musculoesqueléticos derivados da actividade profesional que están a padecer traballadores e traballadoras do sector do automóbil do noso país, a través da entrevista con Henrique Pérez, responsable do sector de automoción da CIG Metal, configúrase como primeiro dos contidos do Boletín CIG- Saúde Laboral Nº 4. O sumario inclúe ademais, a reflexión sobre o estado actual da prevención e os retos que ofrece cara o futuro, xunto cos artigos adicados ás posiblidades de adaptación ou cambio de posto, a influencia do horario da xornada laboral na vida dos traballadores e traballadoras e os TMEs.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 3

09-10-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

A reflexión que realiza o Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, Antolín Alcántara Álvarez, sobre a influencia que a reforma laboral está a ter nos riscos psicosociais aos que a clase traballadora está exposta, abre este número do Boletín CIG Saúde Laboral. A sílice cristalina e valores límite de exposición, o recurso preventivo, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, e a sinatura por parte da CIG dun convenio de asistencia para a realización de probas biomecánicas, comprementan o número 3 do Boletín CIG - Saúde Laboral.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 2

03-07-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

A terceira entrega do Boletín CIG - Saúde Laboral xa está dispoñible. Partimos dun editorial no que Antolín Alcántara Álvarez, Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, aborda en parte as consecuencias que para os traballadores e traballadoras está tendo a implantación da reforma laboral, consecuencias estas que se reflicten nun deterioro das condicións de traballo, da saúde laboral e da calidade de vida do conxunto da poboación. Artigos nos que se tratan temas relacionados co amianto, a protección da maternidade, as mutuas ou a biomecánica, completan o sumario deste número.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 1

11-05-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Xa está a vosa disposición o segundo número da publicación Boletín CIG Saúde Laboral. Os temas que se abordan están relacionados cos riscos psicosociais, os trastornos musculoesqueléticos, o risco químico ou a Tarxeta Profesional da Construción. No editorial, Antolín Alcántara Álvarez, Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, realiza un breve repaso á situación laboral en materia de saúde laboral na que estamos inmersos no país e na importancia que ten a negociación colectiva como medio para mellorar as nosas condicións de traballo.

Recoñecemento do INSHT á excelencia do traballo do Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG

27-04-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

No Nº 111 do boletín Erga@online que publica o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, pódese leer un artigo que recoñece os méritos dun dos traballos realizados polo Gabinete Técnico de Saúde Laboral durante o ano 2011,“Risco químico: Guía básica de información e sensibilización”.

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 0

12-03-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Un novo instrumento de información na defensa da saúde laboral. Inicia a súa andaina esta nova publicación períodica, coa que se pretende establecer unha canle de comunicación cos traballadores e traballadoras en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral, aportando un instrumento de reflexión para a información, a análise e a opinión cualificada de especialistas nas distintas disciplinas, dende unha perspectiva de defensa do noso dereito á seguridade e a saúde laboral no desenvolvemento da nosa actividade produtiva. A información aparecerá estruturada en diferentes seccións, como Información Técnica, Sabías que...?, Análise xurídico - normativa, Entrevistas, Colaboracións, etc., nas que se tratarán temas específicos en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral.

Estudio sobre a incidencia da xornada de traballo na seguridade Laboral e nos Riscos Psicosociais

05-01-2012 - Xornada de Presentación

23 de decembro de 2011. Hotel Hesperia Ferrol. Inicio: 10.00 horas. Remate: 12.30 horas

Risco químico: Guía básica de información e sensibilización

05-01-2012 - Xornada de Presentación

23 de decembro de 2011. Hotel Hesperia Ferrol. Inicio: 12.30 horas. Remate: 14.30 horas

Xornada de Presentación

21-12-2011 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

A CIG realizará, o vindeiro venres 23 de decembro, a partir das 10.00 horas no Hotel Hesperia de Ferrol, a presentación de dúas novas publicacións elaboradas polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral. O acto comezará as 10.00 horas coa presentación do “Estudio sobre a incidencia da xornada de traballo na seguridade Laboral e nos Riscos Psicosociais”. Está previsto que comece a presentación da guía “Risco Químico: Guía Básica de Información e Sensibilización” en torno ás 12.30 horas.

Estudio da incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais .

18-03-2011 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG.

Dentro dos proxectos que este ano 2011 ten previsto abordar o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG, está a elaboración dun Estudio sobre a incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais.

Estudio dun novo marco normativo para a mellora das condicións de traballo no sector naval. Guía de boas prácticas

07-02-2011 - Xornada Presentación Acción DI-0007/2009

16/12/2010

Base de datos en liña de documentación e lexislación para a organización, normalización e difusión de información de prevención de riscos laborais

17-12-2010 - Xornada Presentación Acción DI-0015/2009

O día 17 de decembro de 2010 celebrouse no Hotel Os Abetos en Compostela unha xornada de presentación da nova páxina web de Prevención de Riscos Laborais que o Gabinete Técnico de Saúde Laboral (CIG) está a elaborar

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - - Secretaría Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral.

29-11-2010 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Quince anos despois da entrada en vigor da Lei de Prevención de Riscos laborais, as cifras, as estatísticas e a realidade demostran a impunidade con que actúan as empresas en materia de seguridade e o fracaso estrepitoso dos gobernos nas súas obrigacións no control das condicións de traballo e na persecución aos infractores. Curiosamente, era esta unha norma coa que se pretendía converter ao Estado español nun estado moderno e respectuoso co dereitos dos traballadores e traballadoras.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS