Financiado por:
/ Gabinete

Xornada de presentación

19-03-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O vindeiro mércores día 27 de marzo, a CIG realizará a presentación da nova publicación elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, "Risco químico: Guía básica de produtos". O acto terá lugar no Salón de Actos da Confederación Intersindical Galega en Ferrol a partir das 10.30 horas.

Este documento, concebido como un complemento da guía "Risco químico: guía básica de información e sensibilización" elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral no ano 2011, pretende que as persoas que precisan información relativa a algúns produtos químicos de uso frecuente no noso entorno, dispoñan de información didáctica, estruturada, clara, concisa e de doada comprensión, co fin de facilitar o traballo dos delegados/as así como dos traballadores/as en xeral, no proceso preventivo.

Así, co ánimo de cumplir este obxectivo, o traballo estrutúrase en varios bloques, dos que o bloque fundamental é a clasificación que se fai de substancias de uso frecuente en diferentes sectores produtivos do noso entorno para, posteriormente, proceder a unha descrición detallada das mesmas, dos seus riscos e das medidas preventivas que se fan necesarias para unha axeitada protección dos traballadores/as que entran en contacto con elas. Previamente a este bloque de clasificación, e co fin de facilitar a súa comprensión, xúntase unha sección denominada “Información de interese”. Ao final do documento incorpórase un glosario conceptual e terminolóxico no que se poden consultar as dúbidas que puideran aparecer nos apartados anteriores e finalmente, inclúese un resumo da lexislación de maior interese,actualizada, relacionada cos produtos químicos.

O proxecto que deu lugar á guía "Risco químico: guía básica de produtos", contou co apoio financieiro da Fundación para a prevención de riscos laborais.

A versión dixital da guía estará proximamente a disposición das /os interesados na súa descarga de balde, no apartado "Publicacións do Gabinete" da web www.cigsaudelaboral.org.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS