Financiado por:
/ Gabinete

Xornada de Presentación

21-12-2011 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

A CIG realizará, o vindeiro venres 23 de decembro, a partir das 10.00 horas no Hotel Hesperia de Ferrol, a presentación de dúas novas publicacións elaboradas polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral. O acto comezará as 10.00 horas coa presentación do “Estudio sobre a incidencia da xornada de traballo na seguridade Laboral e nos Riscos Psicosociais”. Está previsto que comece a presentación da guía “Risco Químico: Guía Básica de Información e Sensibilización” en torno ás 12.30 horas.

Nunha xornada que se desenvolverá a partir das 10:00 horas, nas instalacións do Hotel Hesperia de Ferrol, presentaranse os dous produtos elaborados nos dous proxectos de investigación, desenvolvidos ao longo do ano 2011 polo Gabinete, como resultado do apoio financeiro da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais.

Amabas as publicacións queren servir de instrumentos útiles para a formación a traballadores e traballadores sobre os riscos aos que se poden ver sometidos nos seus postos a través dun rigoroso traballo técnico pensando para a súa utilización directa polos traballadores.

A primeira das publicacións que se presentará a partir das 10 da mañá é o “Estudio sobre a incidencia da xornada de traballo na Seguridade Laboral e nos Riscos Psicosociais”, e ten sido realizado polo equipo técnico do Gabinete contando coa colaboración da empresa Obradoiro de Socioloxía no tratamento e sistematización de entrevistas.

O Estudio afonda nas consecuencias para a saúde de traballadores e traballadoras e demostra, a través dun traballo de pescuda documental e de entrevistas e expertos na materia e de coñecemento de experiencias realizadas por empresas do Estado no que se teñen aplicado medidas tendentes a eliminar ou minimizar os riscos ocasionados por unha inaxeitada xestión do tempo de traballo.

A partir das 12:30 do mediodía farase a presentación da publicación “Risco Químico: Guía Básica de Información e Sensibilización”. Nesta guía relaciónanse, de forma clara e concisa, distintos aspectos relacionados coa exposición a produtos químicos no posto de traballo, co ánimo de que calquera persoa, sen formación previa sobre a materia, atope respostas ás diversas preguntas que poidan xurdirlle en relación aos produtos químicos e a nova normativa asociada.

A Guía conta con distintos apartados nos que se recollen conceptos básicos sobre Risco Químico pero tamén aspectos máis específicos e precisos como pode ser a información sobre o Regulamento CLP (fases de aplicación, etiquetado, tipos de perigo e pictogramas asociados, indicacións de perigo, consellos de prudencia, exemplos de etiquetas, envasado).

Así mesmo, achégase información sobre aspectos tan importantes como a almacenaxe de produtos ou aspectos básicos sobre a REACH, a regulamentación europea en materia de substancias químicas.

Como non podía ser doutro xeito, a Guía presentará un relatorio de medidas preventivas xerais que poidan servir de referente a delegados e delegadas de prevención en particular, pero tamén a traballadores e traballadoras en xeral, coa pretensión fundamental de que as persoas que necesiten información relativa a calquera aspectos relacionado con seguridade química, riscos toxicolóxicos e medidas preventivas asociadas, co fin de facilitar e posibilitar a participación dos nosos delegados/as, así como dos traballadores/as en xeral, no proceso preventivo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS