Financiado por:
/ Gabinete

Un novo ano de traballo para o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

27-12-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL

No vindeiro ano 2014, a pesares das estreitezas económicas e da continua aplicación por parte do PP de políticas fondamente antisociais e de conculcación das liberdades, dende o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG imos continuar prestando aos traballadores e traballadoras galegos/as, os servizos básicos que até agora viñamos ofrecendo.

Conscientes como somos do inmenso deterioro dos dereitos dos/das traballadores/as, produto dunha reforma laboral brutal e inhumana, así como do abandono por parte dos Governos do PP das responsabilidades públicas minimamente esixíbeis en materia de seguridade e saúde laboral; dende a CIG, dende o Gabinete Técnico Confederal da Saúde Laboral e dende os Servizos Comarcais de Asistencia Técnica en materia de Seguridade e Saúde Laboral da nosa Central, non só seguiremos prestando e desenvolvendo os mesmos servizos que até agora, senón que aínda máis se é posible, multiplicaremos os nosos esforzos na defensa inalienábel do dereito á saúde e á seguridade de todos os traballadores e traballadoras galegos/as.

Esperando que este vindeiro ano 2014 sexa moito mellor para toda a clase traballadora galega, desexámosvos de todo corazón a saúde e a forza necesaria para loitar con perseverancia e determinación pola recuperación dos dereitos do noso País e do noso pobo.

Saúdos nacionalistas e de clase. Boas Festas

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS