Financiado por:
/ Gabinete

Risco químico: Guía básica de produtos

05-04-2013 - Xornada de presentación

O día 27 de marzo de 2013 desenvolveuse no Salón de actos da CIG en Ferrol, o acto de presentación da publicación "Risco químico: guía básica de produtos". Esta publicación foi elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG co financiamento da "Fundación para la Prevención de Riesgos Laborales".

No acto estiveron presentes, ademáis de responsables sindicais e delegados e delegadas da nosa organización sindical, o Director do Centro ISSGA en A Coruña, experto en hixiene industrial e asesor do grupo de traballo sobre valores límite da Comisión Nacional de Seguridade e saúde no Traballo o director do Centro do ISSGA en Pontevedra, recoñecido experto en seguridade, e o  Xefe de Servizo de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

  O documento, concebido como un complemento da guía "Risco químico: guía básica de información e sensibilización" elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral no ano 2011, compila información relativa a produtos químicos de uso frecuente no noso entorno. Consta de 6 capítulos entre os que destacamos o adicado á clasificación de produtos e ás medidas preventivas e de actuación en caso de emerxencia química.

 

A versión dixital desta guía, así como a da súa predecesora, están a disposición para a súa descarga de balde na web www.cigsaudelaboral.org a través das seguintes ligazóns

Risco químico: Guía básica de produtos

Risco químico: Guía básica de información e sensibilización

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS