Financiado por:
/ Gabinete

Recoñecemento do INSHT á excelencia do traballo do Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG

27-04-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

No Nº 111 do boletín Erga@online que publica o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, pódese leer un artigo que recoñece os méritos dun dos traballos realizados polo Gabinete Técnico de Saúde Laboral durante o ano 2011,“Risco químico: Guía básica de información e sensibilización”.

Neste artigo, se poñen en valor varios aspectos deste manual, como os “excelentes capítulos sobre os regulamentos REACH e CLP” e o “amplo capítulo adicado á descripción dos contaminantes químicos que poden atoparse en distintos procesos industriais” do que se indica que “ a ampla recopilación efectuada pode constituír unha axuda inestimable para os que se se inician nas tarefas da hixiene industrial”.

Os obxectivos están cumpridos; agradecemos sinceiramente este artigo que supón para nós a confirmación de que estamos traballando na boa dirección.

No apartado de documentos adxuntos pódese ver o artigo do INSHT.

Ligazón ao manual “Risco químico: Guía básica de información e sensibilización”.

 

Así mesmo, en relación a  outro dos proxectos realizados o ano pasado, “Estudio da Incidencia da Xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais”, o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral ven de recibir parabéns de varios organismos e particulares polo traballo realizado, entre os que queremos destacar o da Facultade de Ciencias del Traballo da Universidade de Sevilla que tivo a ben convidarnos á participar nun acto no que se desenvolveron os principais puntos que se tratan neste estudio.

Ligazón ao “Estudio da Incidencia da Xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais”

Documentos

Erg@nline nº 111 14.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS