Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 8

19-12-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Un ano despois da publicación do artigo e a entrevista con Henrique Pérez, responsable do Sector de Automoción da CIG Metal, referido aos transtornos musculoesqueléticos no sector da fabricación de automóbiles, volvemos contar con Henrique para que nos faga un informe da situación do sector en relación a este tema. Neste número poderás atopar tamén unha análise do documento “PIVISTEA, programa de vixilancia da saúde dos traballadores expostos ao amianto”, así como información sobre a incidencia dos riscos psicosociais calificados non hai moito como “novos e emerxentes”, o accidente in itínere ou sobre a evidencia dos riscos de TME nas actividades de cobro en caixa. Rematamos cos artigos “Xubilacións no ISSGA” e “Síntese de actividade 2013”.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 8, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. En formato papel está á vosa disposición nos locais da Confederación Intersindical Galega.

Neste número pódense atopar os artigos “A saúde laboral no sector da automoción no apartado Opinión, "Riscos psicosociais “novos  e emerxentes”?" en Información Técnica, “PIVISTEA, programa de vixilancia da saúde dos traballadores expostos a amianto” en Documento-Análise,“ A evidencia dos TME nas actividades profesionais de cobro en caixa” en Investigación, “O accidente in itínere” en Sabías que...? e “Xubilacións no ISSGA” en Colaboracións.

Para rematar este número, realízase unha síntese da actividade do Gabinete Técnico de Saúde Laboral durante o ano 2013, repasando as súas principais liñas de actuación: asistencia técnica e asesoramento en materia de prevención de riscos e saúde laboral, actividades formativas en materia de prl e a difusión e información de contidos relacionados coa saúde laboral e a prevención, a través de actuacións como a actulización da web, realización e a distribución dos Boletíns CIG-Saúde Laboral entre outras.

 

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral.

Confederación Intersindical Galega

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS