Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 4

13-12-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

A análise da incidencia dos trastornos musculoesqueléticos derivados da actividade profesional que están a padecer traballadores e traballadoras do sector do automóbil do noso país, a través da entrevista con Henrique Pérez, responsable do sector de automoción da CIG Metal, configúrase como primeiro dos contidos do Boletín CIG- Saúde Laboral Nº 4. O sumario inclúe ademais, a reflexión sobre o estado actual da prevención e os retos que ofrece cara o futuro, xunto cos artigos adicados ás posiblidades de adaptación ou cambio de posto, a influencia do horario da xornada laboral na vida dos traballadores e traballadoras e os TMEs.

O Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 4, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. En formato papel está a vosa disposición nos locais da Confederación Intersindical Galega.

Neste número podedes atopar os artigos “ Os trastornos musculoesqueléticos” no apartado  Sabías que...?,  a  “A adaptación ou cambio de posto de traballo”  en Información Técnica  e "Cal é o teu horario laboral" en Opinión.  Na sección de Entrevistas falamos con Henrique Pérez, responsable do sector de automoción da CIG Metal.

O artigo que pecha este número  no apartado  Colaboracións, “ A prevención mañá: Integración, simplificación, calidade nos servizos de prevención”,  foi  elaborado polo Xefe do Centro ISSGA de Pontevedra.

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral.

Confederación Intersindical Galega

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS