Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 22

22-12-2016 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O envellecemento da poboación é un fenómeno presente e xeneralizado en todas as sociedades modernas. En torno ao ano 2050, as persoas maiores de 65 anos representarán máis do 30% do total da poboación. Neste horizonte temporal relativamente próximo, desde os distintos estados da UE está a considerarse necesario incrementar a participación laboral dos traballadores e traballadoras maiores, atrasándose a idade de saída do mercado laboral. Neste contexto, debería considerarse e aboradarse o envellecemento da poboación traballadora como un risco novo e emerxente, superando o actual e dominante enfoque que considera o envellecemento no traballo como unha perda progresiva da saúde e das capacidades produtivas. Envellecer non é nin unha enfermidade nin unha patoloxía, simplemente é unha variable máis a ter en conta na prevención de riscos laborais que debe ser incorporada á xestión preventiva dentro das empresas.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 21 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Dentro do sumario atopamos información sobre o proxecto levado a cabo polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG ao longo deste ano 2016 enfocado á problemática específica que afecta ás traballadoras e traballadores maiores de 55 anos, documento que abre este número do Boletín CIG Saúde Laboral.

Baixo o epígrafe A fondo, atópase un completo artigo sobre o "Centenario da OIT 1919-2019. O futuro do traballo" .

O apartado Información Técnica acolle un texto sobre o "Informe executivo da EUROFOUND: Traballo sostible ao longo de toda a vida: políticas e estratexias nacionais".

Como remate, unha "Síntese de actividade do 2016" do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS