Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 15

14-07-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Estamos a vivir unha situación de marcha atrás no que á saúde laboral se refire. O avance vivido nos últimos anos nas políticas preventivas dos Estados da Unión Europea, pon o punto morto ou incluso a marcha atrás. Unha análise de situación abre este número do Boletín, que complementa o seu sumario con temas relativos aos disruptores endocrinos, o Código Ético Internacional en materia de Saúde Laboral, recemente renovado, e o traballo a quendas e nocturno.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 15, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

O sumario deste número conta co artigo de Análise-Opinión "Machadazo europeo á saúde laboral".

Baixo o epígrafe Información atoparemos os artigos "Os disruptores endocrinos e o poder dos lobbies na UE" e "A Comisión Internacional de Saúde Laboral (ICOH) procedeu a renovar o seu código ético internacional en materia de saúde laboral"

Finalmente en Sabías que...? atoparemos  "Traballo a quendas. Traballo nocturno".

Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

CIG

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS