Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 14

13-05-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O artigo de Análise e opinión sobre a recentemente aprobada Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020 abre o número 14 do Boletín CIG Saúde Laboral. Así mesmo, neste número desenvolvense contidos relacionados coas funcións dos delegados e as delegadas de prevención e seu dereito de acceso á documentación preventiva da empresa, segundo o Criterio Técnico 43/2205 da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Péchase o Boletín co recordatorio de remate do período de adaptación ao Regulamento (CE) 1272/2008 para Clasificación, Etiquetado e Envasado de substancias e mesturas químicas, CLP.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 14, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

O sumario deste número conta co artigo de Análise-Opinión "Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020: tarde, mal e a rastro".

Baixo o epígrafe Información atoparemos "O delegado e a delegada de prevención".

Complementando a este artigo, desenvolvese na sección Sabías que...?, "O dereito de acceso á documentación preventiva dos delegados e delegadas de prevención e o CT-43/2205 da Inspección de Traballo e Seguridade Social".  Finalmente en Información atoparemos  "Remata o perído de adaptación ao CLP".

Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

CIG

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS