Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 13

11-03-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O Boletín CIG Saúde Laboral Nº 13 destaca na súa portada o novo servizo que o Gabinete Técnico Confederal da CIG ven de introducir na súa web: o asesoramento técnico on line. Esta ferramenta nace co fin de facilitar o acceso ao servizo de asesoramento en materia de prevención de riscos e saúde laboral, servizo que o Gabinete está a prestar dende hai anos basicamente a través dos puntos de asistencia territorial. As consultas recibidas a través do formulario que o usuario/a cumprimenta e nos remite, sempre serán atendidas polas técnicas e técnicos en prl do Gabinete, garantindo sempre a confidencialidade dos datos facilitados e que estos únicamente se empregarán coa finalidade de respostar á consulta recibida.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 13, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín únicamente se publica en formato dixital.

O sumario deste número conta co artigo de Análise-Opinión "A ineptitude sobrevida derivada do deterioro da saúde do/a traballador/a, como consecuencia das neglixencias da empresa en materia de seguridade e saúde laboral"; baixo o epígrafe Sabías que...? atopamos información sobre "A vixilancia da saúde: concepto, obrigas, principios.".

En Opinión desenvolvense "Algunhas consideracións sobre os novos estatutos do ISSGA" e finalmente en Información atoparemos o artigo "O Ministerio de Sanidade detrae poder e capacidade de decisión ás CCAA sobre os servizos de medicina do traballo dos SSPPAA".

Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

CIG

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS