Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 12

22-12-2014 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Recentemente e con retraso, a Comisión Europea presentou o novo marco estratéxico europeo en relación coa seguridade e saúde no traballo para o período 2014 -2020; o artigo de opinión sobre a nova Estratexia Europea inicia este número do Boletín. Compartindo espazo atópase información en relación á resolución de conflictos no entorno laboral e a súa aplicación no marco dos riscos psicosociais, a saúde laboral no sector da pesca, consecuencias da aplicación do novo modelo de xestión da IT e unha pequena síntese de actividade do Gabinete durante este ano 2014.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 12, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín únicamente se publica en formato dixital.

O sumario deste número 12  conta co artigo de Opinión:  “A Estratexia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo 2014 -2020"; baixo o eígrafe Análise - Opinión falamos de "O novo modelo de xestión da IT: un risco para as traballadoras e traballadores"; en Colaboración atoparemos "Resolución dos conflictos no traballo e a súa aplicación nos riscos psicosociais" e "A saúde laboral no sector da pesca:unha prioridade para o ISSGA"; pecha este número a "Sintese de actividade 2014", artigo no que se repasan as actividades desenvolvidas polo Gabinete neste período: asistencia técnica e asesoramento en materia de prevención de riscos e saúde laboral, actividades formativas en materia de prl e a difusión e información de contidos relacionados coa saúde laboral e a prevención, a través de actuacións como a actulización da web, realización e distribución dos Boletíns CIG-Saúde Laboral.

Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

CIG

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS