Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 11

13-10-2014 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O documento de análise no que se valoran os significativos cambios lexislativos que introducen tanto o Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo sobre Incapacidade Temporal coma o novo proxecto de Lei de Mutuas que modifica a Lei da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das antigas Mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais abre o número 11 do noso Boletín. Comparten espazo neste boletín artigos nos que se desenvolven temas relacionados coa sensibilidade química múltiple e a saúde laboral, o Comité de Seguridade e Saúde e o Mapa de Risco Químico elaborado polo ISSGA.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 11, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín únicamente se publica en formato dixital.

O sumario deste número 11  conta cun artigo  baixo o epígrafe de Documento - Análise:  “O novo Proxecto de Lei de Mutuas e o Deal Decreto 625/2014 de xestión da incapacidade temporal: un ataque frontal e directo contra a clase traballadora"; baixo o eígrafe Sabías que..? falamos de "Sensibilidade química múltiple e saúde laboral", en Información Técnica atoparemos "O Comité de Seguridade e Saúde" e finalmente en Colaboración "O mapa de risco químico do ISSGA: Sector industrial"

Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

CIG

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS