Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 1

11-05-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Xa está a vosa disposición o segundo número da publicación Boletín CIG Saúde Laboral. Os temas que se abordan están relacionados cos riscos psicosociais, os trastornos musculoesqueléticos, o risco químico ou a Tarxeta Profesional da Construción. No editorial, Antolín Alcántara Álvarez, Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, realiza un breve repaso á situación laboral en materia de saúde laboral na que estamos inmersos no país e na importancia que ten a negociación colectiva como medio para mellorar as nosas condicións de traballo.

O Boletín CIG - Saúde Laboral Nº1, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. En formato papel está a vosa disposición nos locais da Confederación Intersindical Galega.

Neste número, atoparedes  os artigos de información : Conceptos básicos de toxicoloxía laboral, valores límites e substirución e Xogan coa nosa saúde?. 

Na sección de Entrevistas, falamos con Xosé Ferreiro Fernández, Secretario Comarcal da CIG de Lugo - A Mariña, sobre o tema Acoso laboral.

Dentro do apartado que adicamos á Análise xuríco - normativa, contamos neste número do artigo Gremialismo ou dereito ao traballo? A tarxeta profesional da construción.

E na sección de Colaboracións, Manuel Pedro Velázquez Fernández, Inspector de Traballo, aborda o tema dos riscos psicosociais na súa reseña A campaña europea 2012 da Inspección de Traballo en materia de riscos psicosociais.

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

Confederación Intersindical Galega

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS