Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 0

12-03-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Un novo instrumento de información na defensa da saúde laboral. Inicia a súa andaina esta nova publicación períodica, coa que se pretende establecer unha canle de comunicación cos traballadores e traballadoras en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral, aportando un instrumento de reflexión para a información, a análise e a opinión cualificada de especialistas nas distintas disciplinas, dende unha perspectiva de defensa do noso dereito á seguridade e a saúde laboral no desenvolvemento da nosa actividade produtiva. A información aparecerá estruturada en diferentes seccións, como Información Técnica, Sabías que...?, Análise xurídico - normativa, Entrevistas, Colaboracións, etc., nas que se tratarán temas específicos en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral.

O Boletín CIG - Saúde Laboral Nº0, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocuparán este número e os seguintes. Tamén estará a vosa disposición en formato papel nos locais da Confederación Intersindical Galega.

Neste número, atoparedes os seguntes artigos de información e análise: Risco químico: ferramentas de información, Os procedementos de determinación de continxencias, A coordinación de actividades e A lei de enxuizamento social.

Na sección de Entrevistas, falamos con Henrique Pérez, responsable nacional do sector da automoción da Federación do Metal da CIG, sobre o tema A infradeclaración de accidentes no sector da automoción.

Dentro da sección de Colaboracións, contamos neste número coa participación de  Miguel Martínez Losada, Xefe do Centro ISSGA - A Coruña, co artigo Os valores límite de exposición a axentes químicos, e de Xosé Antonio Rodríguez Arribe, Xefe do Centro ISSGA - Pontevedra, co artigo Buscando rumbo: A prevención de riscos laborais no sector pesqueiro galego

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

Confederación Intersindical Galega

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS