Financiado por:
/ Gabinete

Acordo Marco Autónomo sobre o Envellecemento Activo cun Enfoque Interxeracional

13-06-2017 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG-

Logo de 9 meses de tiras e afrouxas nos cales as patronais europeas puxeron en evidencia a súa falla de unidade, así como da coherencia necesaria para presentar propostas construtivas concretas que razoablemente puidesen dar lugar a un Acordo coherente e equilibrado en relación aos obxectivos propostos, o pasado 1 de decembro do ano 2016 remataron as negociacións que en última instancia deron lugar ao “Acordo Marco Autónomo dos Interlocutores Sociais Europeos sobre Envellecemento Activo cun Enfoque Interxeracional”. Momento a partires do cal comezou o seu proceso de ratificación polos órganos de goberno das tres organizacións empresariais europeas implicadas no proceso de negociación (Eurobusiness, CEEP e UAPME) e da Confederación Europea de Sindicatos (CES).

En principio este é un Acordo marco que ten a pretensión de facilitar a participación activa dos/as traballadores/as de maior idade no mercado laboral ata a idade de xubilación, abordando esta problemática dende un enfoque interxeracional.

No mesmo promóvese a transferencia de coñecementos e experiencias no lugar de traballo así como a utilización de ferramentas e a implementación de medidas destinadas ao acondicionamento dos lugares de traballo, a adaptación dos procesos produtivos, e reasignación e redistribución de tarefas, a realización de avaliacións de riscos específicas e eficaces en relación a esta problemática, programas de sensibilización para a mellora voluntaria dos hábitos de saúde, o impulso dos procesos de construción e xestión do coñecemento nesta materia e a adopción de medidas que aborden a protección física e psicolóxica dos/as traballadores/as de maior idade, así como a revisión colexiada entre empresa e representantes dos/as traballadores/as da eficacia e pertinencia das medidas adoptadas, así como o seguimento do cumprimento da legalidade vixente en materia de seguridade e saúde laboral.

O Acordo artéllase en cinco apartados que inclúen de maneira destacada un apartado de obxectivos e outro apartado de medidas e ferramentas.

No que atinxe ao apartado adicado aos obxectivos, que teñen a súa correspondencia co apartado adicado aos instrumentos, medidas e as accións a levar a termo polos interlocutores sociais, e no que atinxe ao apartado de ferramentas e medidas, pasamos a expoñer os seus contidos, tal e como veñen recollidos no texto do Acordo.

Obxectivos:

Ferramentas, medidas e accións:

Avaliacións estratéxicas da demografía da forza laboral

Pensadas para ser realizadas en cada un dos estados membros da UE de acordo coas súas propias prácticas e procedementos, coa finalidade de identificar e dimensionar os riscos, visualizar as oportunidades e adoptar as medidas necesarias para adaptarse aos cambios demográficos. En calquera caso, moitas das accións previstas no Acordo poderían levarse a cabo sen necesidade de realizar estas avaliacións.

Asemade aos interlocutores sociais atribúeselles o papel de difundir información e as ferramentas consideradas efectivas -algunhas delas procedentes das prácticas realizadas noutros estados-, entre os membros das súas organizacións, así como transferir os coñecementos sobre como utilizalas.

Estas avaliacións estratéxicas poderían incluír:

A saúde e a seguridade no lugar de traballo

Segundo o Acordo, os interlocutores sociais deberán promover e facilitar a realización de accións concretas nos lugares de traballo, destinadas a identificar os riscos específicos que afectan aos traballadores/as de maior idade, especialmente en relación ás tarefas cunha alta esixencia física e/ou mental, co gallo de avaliar, anticipar e previr as necesidades de axuste e adaptación das condicións dos lugares de traballo, para facelos máis seguros e saudables e favorecer a permanencia no traballo ata a idade legal de xubilación.

Ferramentas e medidas de apoio á saúde e a seguridade no lugar de traballo:

- Axuste e adaptación dos procesos produtivos e os lugares de traballo.

- Redistribución e reasignación de tarefas aos traballadores/as.

- Aplicación efectiva das estratexias de prevención e avaliación de riscos, así como das obrigas lexislativas, incluída a formación dos/as traballadores/as en materia de prevención de riscos, seguridade e saúde laboral no lugar de traballo.

- Promoción de accións de mellora voluntaria da Saúde, como poden ser as de sensibilización.

- Fomento nos distintos niveis, dos coñecementos axeitados de xestión co gallo de facilitar abordar os problemas e as posibles solucións neste campo.

- Adopción de medidas de seguridade e saúde laboral, tendo en conta a saúde física e psicolóxica dos/as traballadores/as.

- Revisión e reconsideración das medidas de seguridade e saúde laboral entre a dirección e os/as delegados/as de prevención no marco da súa regulamentación legal.

A capacidade de xestión das competencias

Enfoque que pretende apoiar e promover o desenvolvemento de habilidades e competencias ao longo de toda a vida a través da formación continua, favorecendo o acceso equitativo dos/as traballadores/as á mesma independentemente da súa idade.

Ferramentas e medidas de apoio ás habilidades e competencias de xestión:

A organización do traballo para unha vida laboral sa e produtiva

No presente Acordo os/as interlocutores sociais atribúense o papel de a través do diálogo social, apoiar e alentar ás empresas a adaptar a organización do traballo ás necesidades da empresa e dos seus traballadores/as, identificando as posibles melloras en termos de asignación de tarefas, mellorar e manter a saúde e a seguridade no traballo e mellorar a produtividade.

Ferramentas e medidas de organización do traballo para unha vida laboral saudable e produtiva:

Aproximación entre as xeracións

O obxectivo é lograr unha contorna de traballo que permita traballar xuntos a traballadores/as de todas as idades e xeracións, optimizando a transferencia mutua de coñecementos e experiencias, evitando os estereotipos e superando as posibles barreiras entre os grupos de idade. Neste senso os/as traballadores/as deben ser valorados de acordo ás súas capacidades, habilidades e coñecementos, independentemente da súa idade.

Ferramentas e medidas para acadar a solidariedade entre xeracións:

Opinión:

Así as cousas este Acordo marco, esencialmente debe considerarse como unha contribución dunha determinada parte dos axentes sociais europeos ás políticas comunitarias de non discriminación por razón de idade e envellecemento activo, que se ben é certo achega melloras ás medidas e enfoques vixentes en moitos dos estados da UE, estas deberán negociarse en cada un dos Estados membros.

Asemade, o nivel de concreción das medidas propostas para acadar os obxectivos estabelecidos aínda tendo un maior nivel de concreción que acordos anteriores, non rematan de acadar o nivel de definición necesario para asegurar a súa real implantación e cumprimento nas distintas contornas de negociación nas que se deberán abordar.

No texto “fidedigno” do Acordo só dispoñible en inglés, abundan máis os condicionais que os imperativos, aparecendo en cambio cláusulas de salvagarda para as empresas, impostas polas súas asociacións patronais no proceso de negociación do Acordo.

En resumo poderiamos dicir que o Acordo en si mesmo e tendo en conta a temática que toca, por unha banda é realmente pouco ambicioso e deixa fóra e sen abordar importantísimas cuestións en relación á temática a tratar que a bo seguro incomodarían ás patronais, e por outra, as cuestións que si toca o fai ás veces con un alcance bastante limitado en relación ás medidas propostas e o seu nivel de concreción máis aló de declaracións intencionais.

En calquera caso, na base xurídica deste Acordo marco atópase o artigo 155 do Tratado de Funcionamento da UE (TFUE), o que implica que este deberá ser aplicado polos interlocutores sociais tanto a escala estatal como sectorial e de empresa, debendo trasladarse imperativamente este Acordo artellado no espazo do diálogo social europeo, a cada unha das axendas estatais do diálogo social, quedando condicionada a súa capacidade de desenvolvemento e aplicación ás posibilidades e avances que se poidan producir en cada un dos marcos estatais, sectoriais ou de empresa, nos procesos de negociación entre sindicatos e patronais.

* Este artigo forma parte do sumario do Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 25, epígrafe Análise-opinión. A través da ligazón ao boletín podes ver, descargar ou imprimir o texto. (dispoñible en versión galego e versión castelán)

Fonte: EUROPEAN SOCIAL PARTNERS’ AUTONOMOUS FRAMEWORK AGREEMENT ON ACTIVE AGEING AND AN INTER-GENERATIONAL APPROACH. European Trade Union Confederation ETUC

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS