Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Imaxen de estudio de riscos emerxentes Axencia europea
22/12/2010 Observatorio Europeo de Riscos
A estratexia comunitaria de seguridade e saúde no traballo para o período 2002-2006 instaba á Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo a establecer un observatorio de riscos co fin de facilitar a «anticipación dos riscos novos e emerxentes», como parte do desenvolvemento dunha «verdadeira cultura da prevención de riscos». Seguindo ditas recomendacións, a Axencia deu os primeiros pasos para a creación dun Observatorio Europeo de Riscos partindo de traballos previos sobre cuestións tales como a evolución do mundo do traballo, así como a investigación e información sobre boas prácticas relacionadas con riscos emerxentes.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Imaxen novos riscos emerxentes Asepeyo
22/12/2010 28 de abril de 2004
A elección do título Novos riscos emerxentes como motivo da Xornada do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, obedece á necesidade de adecuar o ritmo dos nosos coñecementos e actividades en materia de prevención, á evolución da nosa contorna. As condicións laborais e empresariais cambian día a día e debemos facer un esforzo para lograr adaptarnos a estes cambios, ou mesmo para conseguir adiantarnos a eles. Quizais sorprende que os chamados riscos emerxentes non son precisamente riscos descoñecidos, senón que levan anos xestando o seu desenvolvemento. O problema é que, no seu momento, non se tiveron en conta os síntomas de alerta fronte a estas situacións cambiantes.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais